VER RUTA EN WIKILOC
O domingo 21 de outubro Galicia espertaba para unha xornada electoral autonómica. E tratándose de eleccións a nosa primeira opción foi soñar camiños que a mañá vestía de brétema e reservar a emisión do voto en urna para a tarde. Despois do vivido coincidimos en que a xeira foi amplamente satisfactoria.
Esta nosa terra posúe beleza e paisaxes de excelencia en todas as xeografías, aldeas que conxugan unha arquitectura funcional e sabia cun éxodo que as deixa exánimes. Camiñar por estas terras de O Irixo, por fragas e penedíos, adentrarse nas ruelas e canellas das aldeas, aspirar a limpeza da mañá, consumir o outono en raiolas de ouro é sempre unha experiencia feliz e recomendable. Así pensamos a media ducia de erbedeiros que aquel día nos congregamos en Parada de Labiote.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.