VER RUTA EN WIKILOC
A sección ÉRBEDO AROUSA ofreceunos esta gorentosa ruta de sendeirismo o sábado 5 de outubro de 2013.
A
apócrifa sección delegada coñecida por Erbedo Arousa ten a honra e “incitarvos”
a facer unha ruta fácil, que despois do mediodía xa é un simple paseo, que pretende facer un resume abreviado a pé e
por diversos medios e circunstancias do que recentemente vén sendo chamada a variante “espiritual”( xa entenderedes ao final da xornada por que ese
termo subliñado ) do camiño portugués a Santiago
que vai da praza da Peregrina en Pontevedra, afasta do orixinal e empata no
porto de Vilanova coa única ruta fluvial Xacobea que se chama Ruta Fluvial Xacobea do mar de Arousa ( que
vai de Vilanova a Pontecesures a que lle
adicaremos máis tempo nalgunha outra ocasión). Esta variante, traída a conto ou
inventada para a feira do Turismo, pola politica actual reedita o patrón clásico
que sempre foi aproveitarse durante
séculos das tradicions e crenzas dos pobos, para sacar rendemento económico ou algunha vantaxe. A día de hoxe sabemos que o camiño da fin do
mundo é celta, dende logo prerrománico y
precristián, os nosos máis remotos
devanceiros usaban entre outras cousas para casar- . E que pese aos grandes esforzos
de moitos que pretenden darlle base real á lenda de que o mesmo Yaakov Bar-Zebdi - que é como se dicía
en Arameo Santiago o fillo de Zebedeo - (na actualidade o arameo só o usamos
para xurar cando nos damos un martelazo no xeonllo ou así…) no ano 44 d.C. fose
traído por mar nunha longa viaxe polos seus discípulos ata unha pedra no río Sar sita na coruñesa Vila de
Iria Flavia ( hoxe Padrón) e dende ali ao campo a Estrela, non é máis que iso, unha lenda (C. Sánchez Albornoz: "En los albores
del culto jacobeo", en Compostellanum 16 (1971) pp. 37-71.) que xa era dende
moito tempo antes uhna necrópole celta e
a partir de tal aventurada hipótese
construír todo un enxame de dióceses, templos, santuarios, cenobios, hospicios, fondas, camiños e intercambios que
configuraron Europa e o camiño de Santiago, con todo feliz feito que nos mantén aos galegos no
mapamundi. Aproveitando pois esa “ nova inventio” da variante espiritual, queremos levarvos dende o Mosteiro de San Xoán
de Poio ( fundado por San Fructuoso no século VII, que albergou aos
Benedictinos e logo aos Mercedarios) foi colexio maior de Teoloxia onde
impartiu clase o Padre Feijoo, para logo nun exixente ascenso ao monte Castrove
e cunha panorámica impresionante da ría de Pontevedra
chegar ata o alto ou curro da Escusa onde pararemos para comer , beber e
repoñer forzas, e logo nunha
permanente suave baixada , visitando os
importantes vestixios que se atopan ao carón do camiño ( petróglifo do labirinto
do Outeiro do Cribo , etc) chegar ao
Mosteiro de Armenteira( S.XVII) fundado por Ero, cabaleiro da nobreza do rei Alfonso VII, que
no seu retiro trouxo catro monxes do Císter, e chegou a ser abade , tivo un
“affaire” con un paxaro que foi bastante común nos mosteiros medievais
recollido na cantiga 103 de Alfonso X, e despois de séculos de esplendor, foi abandonado en 1.837 coa Desamortización e se arruinou por completo.
Nesas ruínas inspirouse Don Ramón María
del Valle Inclán para a súa obra “ Aromas de leyenda” e despois a un fillo de este , Carlos, a fundar unha
asociación de amigos de Armenteira que serán quen refagan o edificio onde agora
se instalaron as monxas chegadas dende Alloz en Navarra, para restaurar nel a
orde do Císter en 1.989. Precisamente a
lenda atribúe ás ordes relixosas asentadas en Galicia ( en concreto a de Cluny) traer ao fértil e
cálido val do Salnés as primeiras cepas de albariño,( a realidade demostra que
é variedade autóctona) blanco viño universal,
que foi peza de coleccionista nos anos sesenta, e dende entón se relanzou polos primeiros enólogos que
impartiron cursos na agraria e
concienciaron á xente da súa valía ata ser un dos caldos máis apreciados do
mundo- é case monocultivo na zona e e base primordial da enconomía e motor actual do desenrolo. Aínda que a festa
do Albariño se fai en Cambados, final e capital do Salnés por ser tradicional cabeceira do partido xudicial, ser a desembocadura do río Umia, verdadeira espiña
vertebral do Salnés e responsable do
seu clima suave, formando un triángulo que parte do
vértice nacente en Caldas de
Reis e abre en abanico en sentido norte
e sur dende os altos de Lobería (Vilanova) ata o de Castrove (Meis e Sanxenxo) tendo o río como
eixe central , nós chegaremos por fin baixando pola xa moi
coñecida ruta da pedra e da auga ( chea de muíños e especies frondosas ) ata Barrantes
( Ribadumia) que é cecais a máis xenuína poboación que vive por e
para o viño, tanto o albariño como o tinto que toma o seu nome da vila e que xa é
recoñecido por todos. Alí finaliza a nosa aventura, coa cea no mesón Os Castaños, tanto a que faremos a
pé como as que fagamos fóra de programa facendo burato para aloxar
a cea . Esperamos que vos guste a proposta e máis que ese gusto sexa
aínda mais doce á noite cando voltedes para as vosas casas.
Quedades incitados ...
Vídeo de Manuel Ferreiro:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.