14/06/16

RUTA DA MARRONDA - ALTO EO

SÁBADO, 2 DE XUÑO 2016
ANÓTATE AQUÍ (antes do 29 de xuño)
No municipio de Baleira (Lugo) atópase o PRG-145, a Ruta da Marronda – Alto Eo, un percorrido que nos ofrece a oportunidade de coñecer un anaquiño da comarca da Fonsagrada. Afastada dos grandes núcleos de poboación e das vías de comunicación relevantes, ofrece unha paisaxe rica e case virxe nunha das zonas máis descoñecidas de Galicia. A Fraga da Marronda, de gran valor ecolóxico e cinexético, e o nacemento do río Eo son os protagonistas do camiño (Turgalicia).


Seguindo a suxestión do grupo Acivro, imos variar algo o percorrido oficial deste sendeiro, o que nos vai permitir visitar a fraga da Marronda. Deste xeito a distancia a percorrer ascende aos 25 km. cunha dificultade media-alta.
 

O PRG-145 orixinal:

 

Puntos de interese: San Paio, Cabreira, Río Eo, Fervenza da Acea de Serra, Fervenza do Pozo da Ferreira, Capela da Pastora, A Cortevella, Miradoiro do Muiño, Fraga da Marronda, Pena da Raia.

Acceso: na A-6, á altura da cidade de Lugo, coller a saída 493 para enlazar coa LU-530 cara á Fonsagrada (por Castroverde). No Cádavo habémonos desviar pola LU-760 cara a Fonteo, e tras cruzar este núcleo collemos a LU-P-0405 cara a San Paio.

https://goo.gl/maps/sSbiHerPST32


Saída de Lalín: 7.30, diante da estación de autobuses
Punto de encontro: 9.00 hotel-restaurante Moneda, O Cádavo








Cea: O Recuncho de Pepe e María, en Cobelas (Castroverede)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.