VER RUTA EN WIKILOC

Continuamos camiño en descenso cara a Salgueiro (aldea abandonada, na que a Xunta de Galicia emprendeu hai tempo unha restauración integral, aínda inacabada. Os edificios restaurados xa precisan unha segunda remoción ). Máis adiante esperábannos as fermosísimas pozas do río Mao (Pozo das Olas). Desde este río, monte a través, pronto arribamos de novo a Guende. A xornada completouse cun baño reparador no SPA termal de Lobios e coa visita ao castelo e aos espigueiros de Lindoso. Cea no restaurante Lindo Verde de Lindoso.
Dezanove quilómetros intensos e esixentes, densos de contido. Historia, etnografía, natureza en estado puro, inmensas panorámicas, montañas elevadas e alonxadas do trafego humano, a rocha espida e convertida en escultura dos ventos. Admirar tanta beleza só ten o custe de adentarse na montaña e percorrela en compañía.
GUENDE
FOXO DO LOBO DE GUENDE
PICO DE FONTEFRÍA E AS GRALLEIRAS
ALDEA DE SALGUEIRO
POZO DAS OLAS NO RÍO MAO
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.