VER RUTA EN WIKILOC
ANÓTATE AQUÍ
Ribeira de Chantada e ponte de Belesar
Pintoresca aldea de ribeira: Pincelo
Adega Vía Romana
Castro de San Fiz, baixo unha mesta carballeira.
Igrexa de San Fiz, onde está enterrado o último maquis, Xosé Castro Veiga, O Piloto.
Ruta da Ribeira Sacra de Chantada entre San Fiz de Asma e a ponte de Portotide para facer na mañá do mércores 4 de xaneiro de 2017.
9:00: Saída de Lalín (Estación de autobuses).Punto de encontro: 9:30 diante do Cemiterio de Chantada (na saída da estrada de Monforte)
Distancia: 11 km
Dificultade: doada-media (moita baixadiña, escasa subidas).
Sempre ao lado do río Miño. Se vai sol, collerémolo de mañá, pero tamén pode haber néboa e tardar en marchar.
Percorrido: vai desde San Fiz (Igrexa de San Fiz de Asma e tumba do Piloto), pasa por Adegas Amoedo, chega a Adegas Vía Romana e Mesón do Veiga (na Hermida), baixa a Belesar, e logo imos pola beira do río ata o lugar de Pincelo e chegamos á ponte de Portotide.
Para xantar (os que se apunten), hai 2 posibilidades:
1ª: Pincelo, na casa de Esther (Adega Diego de Lemos), pero creo que está algo vella e non sei se agora dá comidas (en todo caso, se hai xente interesada, chamarei).
2ª: Mesón-Adega do Veiga (ao lado da adega Vía Romana), a máis lóxica se falla a outra.
Conviña saber quen vai e quen fica a xantar antes do martes a mediodía, para concretar.
Non é circular, polo que teremos que levar previamente os coches a Portotide. Dependerá, pois, dos que se anoten.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.