SÁBADO 16 DE FEBREIRO DE 2018
Nesta ocasión escollemos o Parque Nacional do Gerês para realizar unha ruta non moi longa pero si con algunhas pendentes. 14,7 Kms para adentrarnos na montaña e ver as pincheiras do río Arado e o curral da Teixeira. No retorno, baixada a Caldas do Gerês e finalizaremos na vila do Gerês, importante centro termal e turístico.
.
VÍDEO DO PARQUE NACIONAL PENEDA-GERÊS (Precioso vídeo no que aparecen paraxes polas que transitaremos).
.
VÍDEO DO PARQUE NACIONAL PENEDA-GERÊS (Precioso vídeo no que aparecen paraxes polas que transitaremos).
A ruta marcada en verde é a nosa ruta principal. E cabe a posibilidade de que como entrante fagamos unha pequena ruta, inferior a 2 Kms, desde a Portela do Home pasando pola Mata da Albergaría e río Homem.
Percorrido: 14,7 Kms.
Dificultade: media-alta
Ruta moi interesante que pasa por lugares de alto interese natural, paisaxístico e turístico. Podería afirmarse que esta zona é o epicentro do sendeirismo, pois de aquí parten centos de rutas diferentes. As montañas compiten en elevación e formas graníticas. E os ríos verdes e azuis ora baixan apurados ora repousan nas innúmeras pozas.
Saída: Estación de autobuses de Lalín
Hora: 7:30 horas
Punto de encontro: Lobios. Cafetería do Hotel Lusitano. Hora 8:50
No remate da ruta achegarémonos á piscina termal exterior do río Caldo en Lobios para que quen queira poida facer uso dela. Recoméndase levar chanclas e toalla.
CEA: casa do Aceite, en Lobios (20€, escollede bacallau ou carne no dudle).
Tamén se chama Casa da Feira. Quen desexe ficar pola noite, que lle diga ao dono (Filipe) que é do grupo de sendeirismo Ébedo. Serán 60€ habitación dobre e almorzo incluído.
Cascata do Arado
VÍDEO DA CASCATA DO ARADO
Curral da Teixeira