ADVERTENCIA IMPORTANTE

Érbedo” é un grupo sendeirista non federado formado por amig@s que se xuntan libre e conscientemente para realizar rutas a pé. Polo tanto, ao non contar cun seguro colectivo, cada persoa que participa debe facerse responsábel da súa seguridade e de calquera contratempo ou accidente que poida acontecer. Por isto, recoméndase: 1.-Acudir ás rutas co equipamento adecuado. 2.-Contar cun seguro individual que cubra calquera continxencia non desexada.

18/10/19

RUTA DEVA - CAMPA DE BREGO - PENARRUBIA (ANCARES)

SÁBADO 7 DE DECEMBRO DE 2019
VER RUTA EN WIKILOC  (Seguiremos o itinerario realizado polo grupo Trota-Montes)
ANÓTATE AQUÍ

Percorrido: 19,7 Kms. (Existe tamén a opción de non facer todo o percorrido).
Pendente media: + 10,9  e -11,3
Dificultade: media-alta
Temos que empezar a camiñar cedo porque nestas datas as tardes son curtas e non cómpre meterse na noite. Verémonos para almorzar no BAR STOP de Becerreá, ás 8:00 horas. Desde alí partiremos xuntos para chegar a Deva (50 minutos leva o traxecto).
Os seis camiñantes de Lalín hospedarémonos na noite do venres na Pensión Os Ancares de Becerreá.
A cea está acordada na Fonda Zarralleiro de Baralla, aproximadamente para as 20:00. 
Menú: Callos, Polo caseiro con gornición, Flan e tarta de queixo, bebida, café. Prezo: 20 €



Deva











           Lagoa




3 comentarios: