02/10/21

RUTA TOXOSOUTOS E RÍOS VILACOBA E SAN XUSTO

 SÁBADO  16 DE  OUTUBRO DE 2021

VER RUTA EN WIKILOC

ANÓTATE AQUÍ

Os que argallamos esta actividade sendeirista de Érbedo decidimos realizar unha andaina nas terras de Lousame (A Coruña), preto de Noia, arredor dos ríos Vilacoba e San Xusto, pasando polo mosteiro de San Xusto de Toxosoutos, fervenzas varias, muíños, fábricas de papel... 

INFORMACIÓN DA RUTA:

https://riademurosnoia.com/tour-item/ruta-rio-vilacoba-san-xusto-lousame/

https://rutasymenosrutinas.com/san-xusto-toxosoutos-lousame/

https://youtu.be/K1ntjf73l_I

https://youtu.be/xdRFFFlyVT8

Igualmente, nesta ocasión non programamos cea, se ben buscaremos en Noia un lugar para repousar a carón dun refrixerio na fin da camiñata.

Percorrido: 18,8 Kms.

Dificultade : media

Saida de Lalín: 8:00, da estación de autobuses.

Punto de encontro, ás 9:20 horas en  CASA TOXEIRA. Piñeiriño, 2. A RASA (NOIA). Está na carretera de Lousame, enfrente da Citroen de Noia.


  

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.