17/10/21

CAMIÑANTES OCASIONAIS

 

Tamén poden vir camiñar connosco persoas  que non sexan socios. Nas seguintes condicións:

- Os camiñantes sempre terán algunha vinculación co club, como ter participado en andainas do club en anos anteriores ou acudir ás rutas por invitación dalgún  socio do club.

- Solicitalo á Xunta Directiva dous días antes da celebración da ruta e aportar os seguintes datos: Nome e apelidos, DNI, data de nacemento, domicilio e teléfono.

- Aboar 10 € para o seguro da federación por un día e contribuír aos gastos do club (seguro RC, gastos bancarios, transferencias, xestións, rexistros…). Este abono farase na conta bancaria do club por banca electrónica. Enviarase xustificante por whatsapp. Se a ruta se celebrase en Portugal a cota será de 12 €.

- Só se poderá acudir como camiñante ocasional un máximo de 4 veces por ano. (Condición esixida pola Federación).

- O límite do número de camiñantes ocasionais en cada ruta será como máximo de 10 (condición marcada polo seguro de Responsabilidade Civil que temos contratado). O criterio para admitir estes camiñantes será o de orde de inscrición na ruta. 

(Solicitar á directiva do Club o número de Conta Bancaria).


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.