ADVERTENCIA IMPORTANTE

Érbedo” é un grupo sendeirista non federado formado por amig@s que se xuntan libre e conscientemente para realizar rutas a pé. Polo tanto, ao non contar cun seguro colectivo, cada persoa que participa debe facerse responsábel da súa seguridade e de calquera contratempo ou accidente que poida acontecer. Por isto, recoméndase: 1.-Acudir ás rutas co equipamento adecuado. 2.-Contar cun seguro individual que cubra calquera continxencia non desexada.

26/10/21

RUTA DE OUTONO NO COUREL (TEIXEIRA - NOCEDA - VILELA)


SÁBADO 13 DE NOVEMBRO DE 2021
Percorrido: 18,9 Kms
Dificultade: media-alta

Monte das Lampas, entre Teixeira e Noceda


PUNTOS DE INTERESE:
- Paisaxes de montaña. Camiñaremos en todo momento por enriba dos 900 m e acadaremos os 1500 m no monte das Lampas.
- Aldeas de montaña (Teixeira, Noceda, Vilela).
- A mina romana da Toca (practicada a ceo aberto polo método ruina montium).
- A cova de Ceza
- Etc
VÍDEOS:







O Taro Branco. Abaixo as aldeas de Miraz

A mina da Toca co monte das Lampas ás súas costas.

Aínda queda mineral aurífero na mina da Toca

Panorámica norte desde o castelo de Carbedo

Saída de Lalín: 7:45 da Estación de autobuses
Punto de encontro: Alto do Poio-Pedrafita. 9:15 horas
Hostal Santa María do Poio


Cervexa con pinchos sobre as 18:00 horas no mesmo establecemento.



Ningún comentario:

Publicar un comentario