SOCIOS FUNDADORES
Denominamos desta maneira aos
socios de número que se inscribiron no momento da fundación do club. Non por
iso teñen máis dereitos que os que se incorporen máis tarde.
As cotas vixentes (2022) para
este ano son de 107 € (78 € para a Ficha Federativa tipo B + 29 € para os
gastos do club (Seguro RC, comisión bancarias, rexistros de inscrición na
Xunta, libros do club, gastos de xestión).
Contamos con 32 socios fundadores, procedentes de concellos tan dispares como Catoira, Vilagarcía, Sanxenxo, Pontevedra, Teo, Santiago, Melide, Lugo, Meira, Rodeiro, Silleda e Lalín.
NOVOS SOCIOS
Poderánse incorporar novos socios no club. Para iso teñen que
solicitar, a través dun membro da Xunta Directiva, o seu ingreso no club. Deberán aboar as cotas vixentes nese momento
no club para un ano completo. Todos quedan obrigados a contar con ficha
federativa individual, agás os que xa a posúan noutro club de sendeirismo ou
montañismo. Estes últimos só aboarán os gastos do club (29 €).
Os socios que se incorporen a
partir do 1 de xaneiro de 2023 teñen unha cota de inscrición no club de 30 € ademais das
cotas de socio vixentes para ese ano.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.