O Érbedo no Anamao |
Xa no período no que estivemos confinados por mor da pandemia, unha lectura accidental alertounos dos riscos que estabamos a asumir. Desde ese momento a nosa perspectiva do sendeirismo foi outra.
Non nos gusta a burocracia nin as formalidades que isto conleva, pero entendemos que é a única maneira de que todos poidamos gozar tranquilos dunha xornada de sendeirismo.
Todo o que puidemos ler indícanos que debemos formalizar e federar o Club e facer un Seguro de Responsabilidade Civil. Un suxeito xurídico sería o responsable e nunca unha persoa física.
Nestas páxinas (das moitas que se poderían abrir) de INTERNET podedes consultar o estado da cuestión:
Para facermos o CLUB debemos iniciar, se contamos cun número de socios apropiado, os seguintes trámites:
1) Dar información a todos os que camiñastes no Érbedo e pedir a vosa conformidade e adhesión para ser socios dese futuro Club.
2) Facer unha asamblea de socios e elixir Xunta Directiva. Propoñemos que sexa no final da ruta que celebraremos en Lousame e Toxosoutos o día 16 de outubro.
3) Elaborar uns Estatutos do Club Deportivo.
4) Rexistrar o Club na Xunta de Galicia.
5) Abrir unha conta bancaria a nome do Club.
6) Obter un Código de Identificación Fiscal.
7) Federar o Club na Federación de Montañismo (Isto ten un custo de 300 € unha única vez na vida do Club).
8) Comprar e Rexistrar os Catro Libros que se esixen (de Socios, de Contas, de Actas e Libro de Diario)
9) Obter a certificación negativa de denominación.
10) Pagar as taxas.
11) Subscribir un seguro de Responsabilidade Civil
O Club non tería nunca ánimo de lucro.
E para o seu funcionamento establecerase unha cota de incrición de 30 € e unha cota anual de 20 - 25 € e esixirase que os socios estean federados individualmente (moitos xa estades federados na actualidade). Iso custa 72 € anuais.
Facendo un cálculo, o primeiro ano sairíanos a conta por 120 ou 130 € ano (coa federación individual). Nos anos sucesivos o custo estaría entre 90 ou 100 € (tamén coa ficha federativa individual).
Nos anos sucesivos establecerase unha cota de inscrición de 40 € para os novos socios.
Aquí temos unha proposta de Seguro de Responsabilidade Civil para un número máximo de 25 socios.
MGM National Harbor casino resort to reopen early next week
ResponderEliminarMGM National 군포 출장마사지 Harbor Casino Resort 파주 출장안마 in Atlantic City will reopen 서울특별 출장마사지 Monday after more than 30 서산 출장샵 people were confirmed to have been impacted. Officials said the Oct 3, 2021 논산 출장샵