Este club naceu no ano 2010 como
un grupo de amigos que deciden camiñar xuntos baixo a denominación de ÉRBEDO
SENDEIRISMO. O xermolo daquel grupo estivo en catro persoas que xa compartiramos
club de ciclismo no AlamBIKE e cremos que había lugares para visitar onde a
bicicleta non daba chegado. Naquel momento considerámolo un grupo e preferimos non federarnos pola engorrosa burocracia que
conlevaba. Así transcorreron máis de once anos. O grupo foi compoñéndose
apelando aos compañeiros de traballo, chamadas a amigos, parentes, etc. E así,
saíu un grupo heteroxéneo e diverso, sobre todo na procedencia dos seus
compoñentes.
Agora, no ano 2022, sabedores da
responsabilidade civil que recae sobre os organizadores, convocantes e guías de
rutas, cremos chegado o momento de federarnos e de subscribir unha póliza de
responsabilidade civil. O club a partir desta data pasa a denominarse ÉRBEDO
ANDAINAS.
O 26 de outubro de 2021 faise en
Noia, despois dunha ruta, a asemblea fundacional. E desde ese día inícianse
todos os trámites para sermos un club federado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.