SÁBADO 15 DE XANEIRO DE 2022
Muíño da Caldeira en Doade |
Cruceiro de Xirarga, do mestre Cerviño |
Beariz, a capital municipal |
Camiño preto de Alvite |
Corredoira |
Eira de Doade |
Monumento ao canteiro |
A emigración dirixiuse tradicionalmente a México e alí moitos fixeron fortuna, xunto aos outros galegos do concello veciño de Avión. Expoñente desas fortunas son as múltiples casas construídas ou restauradas polos emigrantes, que soen estar pechadas todo o ano, agás no verán.
Outro dato que nos fala dese poderío económico dos emigrantes témolo no feito de que un concello con só 971 habitantes conta na actualidade con catro oficinas bancarias, algo inaudito neste momento de peche de sucursais.
E un heliporto e un aeródromo cunha pista de aterraxe de 800 m de lonxitude... case nada!
https://gl.wikipedia.org/wiki/Beariz
Área recreativa da Barcia en Beariz |
Monumento á esperanza do regreso do emigrante |
Entre os elementos de interese podemos citar:
- a arquitectura das aldeas
- as eiras de hórreos (é bastante habitual na provincia de Ourense colocar todos os hórreos da aldea nun espazo comunitario e ben ventilado).
- os cruceiros
- os muíños
- as pontellas
- a Caldeira (enténdase fervenza).
- as ermidas e as igrexas
- as áreas recreativas
- a campo da feira de Doade
- os múltiples regatos
e camiños de todo tipo...
Monumento ao emigrante |
Aldea modelo de Alvite |
Área recreativa de Coto Pereira en Xirazga |
Pontella do muíño da Caldeira |
Eira de Doade |
Feira en Doade |
Muíño no rego da Pedriña |
Arquitectura popular en Correa e Alén |
Dificultade: media.
Pendente media positiva: 6,2%
Pendente media negativa: -6,4%
Saída: Estación de autobuses de Lalín
Hora: 8:30
Punto de encontro: Bar Beariz, no centro de Beariz, ás 9:20 horas
Xantar en Doade, onde temos un bar-restaurante (chamado Santo Domingo de Xirazga). Cabe a posibilidade de que nos sirvan un menú por 10 € nun espazo exterior. Os que se apunten á ruta, que opinen no whatsapp sobre este asunto.
Igrexa de Xirazga |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.