SÁBADO 12 DE MARZO DE 2022
VER RUTA EN WIKILOC
Convocamos nesta ocasión aos camiñantes para percorrer os 17,3 Kms dunha preciosa ruta nos concellos de Pazos de Borbén e Fornelos de Montes, polas ribeiras do río Barragán. Unha ruta que é frecuentada pola maioría dos clubs de sendeirismo de Galicia. A ruta, de dificultade media, está moi ben sinalizada e ademais dos atractivos paisaxísticos fluviais, une un rico repertorio de elementos etnográficos e de arquitectura popular.Nas seguintes ligazóns tedes toda a información e fotografías que dan unha idea clara do que alí podemos encontrar:
Saída de Lalín: Estación de autobuses
Hora: 7:45
Punto de encontro:
OBSERVACIÓN: Se o tempo non fose favorable, quedaría aprazada para o sábado 19 de marzo.
Estamos buscando un punto de encontro. Informaremos axiña.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.