24/04/22

RUTA SAMOS - SERRA DO ÉDRAMO

SÁBADO 30 DE ABRIL DE 2022

VER RUTA EN WIKILOC







Esta ruta parte da praza do Concello de Samos, fronte ao mosteiro, sobe pola ladeira ata o cumio da Serra do Édramo, onde encontra o castro de Formigueiros. Continúa polo mirador de Penabranca, baixa ao Val do Mao, pasa por Freixo, baixa por Vilar do Real ata San Martiño e desde aquí segue durante 2 kms o Camiño Francés de Santiago ata chegar novamente a Samos.
Puntos de interese: Mosteiro e vila de Samos - Aldeas de  Val do Mao - Freixo - Vilar do Real  - San Martiño coa súa igrexa románica - Núcleo turístico de Outeiro - muralla de clausura do mosteiro - Castro de Formigueiros - Mámoas do Édramo - Mirador de Penabranca, etc.

A ruta da Serra do Édramo en Samos é de 20,5 Kms.  Pendente postiva 7,75%  e pendente negativa -7,2 %

Iso supón unha dificultade media   ou media-alta.

Lugar de saída: Estación de autobuses de Lalín

Hora: 8:00

Punto de encontro : Samos (determinaremos o local) ás 9:15-9:30

Pinchos e cervexas despois da ruta: Tamén en Samos, nunha terraza.

Anotádevos no Telegram. E os que non o instalastes aínda, en Whatsapp.


AVANCE DE PROGRAMACIÓN DO CLUB:

Para o 21 de maio programamos ir a Sistelo (Arcos de Valdevez- Portugal). 19 Kms

Para o 18 de xuño pensamos en ir ao monte Pindo desde Caldebarcos (Carnota-ACoruña) 19 Kms

En xullo, sen termos aínda os días concretados, pretendermos xuntarnos co club Asaltapraos en Somiedo (Asturias).

En agosto, sen día especificado, planificamos percorrer a ruta do Ferradal en Quiroga, paralela ao río Soldón.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.