08/05/22

RUTA DOS SOCALCOS DE SISTELO E DOS PASADIÇOS DO VEZ

SÁBADO 21 DE MAIO DE 2022

VER RUTA EN WIKILOC

Compañeiros camiñantes, desta volta iremos coñecer os famosos socalcos de Sistelo (os portugueses quixeron chamarlle o Pequeno Tibete) e os refrescantes pasadiços a carón do río Vez. Son 19,8 kms (se non hai perdas). A dificultade está entre media-alta e alta, depende de se a pedra do chan está seca ou mollada, porque moitos tramos de camiño son empedrados e hai bastantes escaleiras. A pendente positiva é de 9,4% e a negativa -10,6 (empinadiña).
Os atractivos da ruta son os paisaxísticos, esta paisaxe tan antropixada, onde as ladeiras foron transformadas en escaleiras xigantescas de socalcos, os valados, os camiños empedrados, as escaleiras... A arquitectura popular, a natureza que bordea o vez, o patrimonio histórico-artístico de Sistelo coa igrexa e o castelo do Visconde, as brandas onde levaban o gando no verán, etc.


 




Saída de Lalín: Estación de autobuses
Hora: 7:45
Punto de encontro: (determinarémolo nos vindeiros días).
Cervexas e petiscos (tamén o concretaremos)
Os que desexen pernoctar en Arcos de Valdevez, que saiban que Castor Corral está organizando a cea e a hospedaxe no hotel Costa do Vez, en Arcos de Valdevez. El informará a través do whatsapp dos detalles da pernocta.