13/06/22

RUTA AO MONTE PINDO

 SÁBADO  25 DE XUÑO DE 2022

VER RUTA EN WIKILOC


Esta ruta combina a media montaña coa zona do litoral atlántico. Iníciase na localidade de Caldebarcos (Carnota) e ascende ao pico da Moa, a cota máxima do Pindo. O monte Pindo é un monte mitolóxico de longa historia e é coñecido como o Olimpo Galego. Descenderemos á aldea de Quilmas e desde alí bordearemos durante 6 kms a costa ata a praia de Caldebarcos.
Elementos de interese:
O monte Pindo
As inmensas panorámicas atlánticas e sobre a contorna.
As formacións graníticas
As ruínas de murallas e castelos
A praia de Caldebarcos e Carnota
Percorrido: 17,4 Kms
Dificultade: media-alta
Pendente media no ascenso: 8,6 %
Pendente media de descenso: -8,7 %
Saída de Lalín: Estación de autobuses
Hora: 7:30
Punto de encontro: 9:15 horas Lugar: (determinarémolo nestes días)



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.