ADVERTENCIA IMPORTANTE

Érbedo” é un grupo sendeirista non federado formado por amig@s que se xuntan libre e conscientemente para realizar rutas a pé. Polo tanto, ao non contar cun seguro colectivo, cada persoa que participa debe facerse responsábel da súa seguridade e de calquera contratempo ou accidente que poida acontecer. Por isto, recoméndase: 1.-Acudir ás rutas co equipamento adecuado. 2.-Contar cun seguro individual que cubra calquera continxencia non desexada.

06/03/17

RUTA POLA DEVESA DA ROGUEIRA (O COUREL), NA PROCURA DA NEVE

SÁBADO 11 DE MARZO DE 2017
VER RUTA EN WIKILOC
ANÓTATE AQUÍ
Estas imaxes da Rogueira e do Formigueiros nevados son do sábado 4 de marzo. A ver que nos queda unha semana despois...

As imaxes son do Facebook de Guillermo Díaz Aira







Saída: Estación de autobuses de Lalín
Hora: 7:45
Percorrido: 14 Kms.
Dificultade: Media-alta.
Punto de encontro: Café Portón, enfrente do Concello. Quiroga. Rúa Real,43. Hora 9:15
Haberá cea, aínda imos mirar onde e como.

19/01/17

RUTA DAS SETE ALDEAS RIBEIREÑAS DO RÍO VIÑAS (O IRIXO)

SÁBADO 11 DE FEBREIRO DE 2017
VER RUTA EN WIKILOC 
ANÓTATE AQUÍ 


O concello de O Irixo estivo tristemente de actualidade hai cinco anos cando alguén tivo a pretensión de chantarlle á beira dos montes da Madanela unha incineradora de lixo. As protestas cidadás e outras circunstancias fixeron recuar aos promotores. Agora, o grande mal que padece este concello é a despoboación e o abandono. Como escenario desta realidade quedan as aldeas, as cales contan cunha arquitectura destacable arruinada ou arruinándose e a grandiosidade dos bosques e das montañas. No Testeiro e nas súas abas norte e leste aséntanse Froufe e A Espiñeira. A nosa ruta percorrerá estas parroquias cos seus bosques autóctonos, as ribeiras do río Viñas e o rego de Munín, as aldeas de Froufe, O Alén (abandonada), Subirol, Munín, O Covelo, Frixe e Surribas. Corredoiras antigas, camiños carreteiros, pistas forestais, carreiros, sendas silvestres e algo de campo través permitirannos gozar destes 11 quilómetros.
Esperamos que sexa un estupendo aperitivo para, a continuación, poder degustar o típico cocido da zona.
Saída: Estación de autobuses de Lalín
Hora: 8:45
Punto de encontro: Restaurante-cafetería La Robleda de Vilatuxe: 9:00 h.
Percorrido da ruta: 10,64 Kms.
Dificultade: media.
XANTAR: 14:30 horas no restaurante "A Estación" de Botos (Lalín). Menú: sopa de cocido, cocido con todas as carnes do porco, xarrete de tenreira, grelos e repolo, viño Ribeiro, postres, café. Prezo: 25 €

Todas estas imaxes están tomadas en rutas de cercanías feitas pola sección Érbedo-Deza e varias corresponden ás dúas sesións preparatorias desta mesma ruta.



















01/01/17

RUTA SAN FIZ - PONTE DE PORTOTIDE (CHANTADA) NA RIBEIRA SACRA DO MIÑO

MÉRCORES, 4 DE XANEIRO DE 2017
VER RUTA EN WIKILOC
ANÓTATE AQUÍ
Ribeira de Chantada e ponte de Belesar
Pintoresca aldea de ribeira: Pincelo
Adega Vía Romana
Castro de San Fiz, baixo unha mesta carballeira.
 Igrexa de San Fiz, onde está enterrado o último maquis, Xosé Castro Veiga, O Piloto.

Ruta da Ribeira Sacra de Chantada entre San Fiz de Asma e a ponte de Portotide para facer na mañá do mércores 4 de xaneiro de 2017.
9:00: Saída de Lalín (Estación de autobuses).
Punto de encontro: 9:30 diante do Cemiterio de Chantada (na saída da estrada de Monforte)
Distancia: 11 km
Dificultade: doada-media (moita baixadiña, escasa subidas).
Sempre ao lado do río Miño. Se vai sol, collerémolo de mañá, pero tamén pode haber néboa e tardar en marchar.
Percorrido: vai desde San Fiz (Igrexa de San Fiz de Asma e tumba do Piloto), pasa por Adegas Amoedo, chega a Adegas Vía Romana e Mesón do Veiga (na Hermida), baixa a Belesar, e logo imos pola beira do río ata o lugar de Pincelo e chegamos á ponte de Portotide.

Para xantar (os que se apunten), hai 2 posibilidades:
1ª: Pincelo, na casa de Esther (Adega Diego de Lemos), pero creo que está algo vella e non sei se agora dá comidas (en todo caso, se hai xente interesada, chamarei).
2ª: Mesón-Adega do Veiga (ao lado da adega Vía Romana), a máis lóxica se falla a outra.
Conviña saber quen vai e quen fica a xantar antes do martes a mediodía, para concretar.
Non é circular, polo que teremos que levar previamente os coches a Portotide. Dependerá, pois, dos que se anoten.

14/12/16

RUTA RÍO BARBANTIÑO DESDE PUNXÍN

XOVES 22 DE DECEMBRO DE 2016
ANÓTATE AQUÍ
Convocamos esta ruta para o xoves día 22 de decembro ante a imposibilidade de encontrar un sábado axeitado neste mes. O 24 e 0 31 non son datas de andarmos de camiñada. 
E será unha ruta de 12,6 Kms. para a mañá do sábado. Percorreremos as fermosas ribeiras do curso baixo do Barbantiño, coas súas fervenzas, poldras, muíños, pontes e o agradecido bosque de galería.
Nestas datas de comidas tan copiosas cremos oportuno non convocar nin para xantar nin para cear. Iso si, sempre pode haber cabida para tomar un refrixerio no remate da ruta.
Saída: Estación de autobuses de Lalín
Hora: 8:30
Hora aproximada para o retorno: 14:30 horas.
Percorrido: 12,6 Kms
Dificultade: Media
Punto de encontro: Restaurante O Cabaceiro (Punxín) ás 9:10 h.







05/11/16

RUTA SAN XOÁN DO RÍO - A FRAGA - PONTE NAVEA - PENA FOLENCHE

SÁBADO, 19 DE NOVEMBRO DE 2016
VER RUTA EN WIKILOC
ANÓTATE AQUÍ
Programamos ruta para o vindeiro 19 de novembro nas terras de Trives e concretamente as carballeiras e soutos que rodean o escarpado canón do río Navea. Á paisaxe únense outros atractivos, o histórico-arquitectónico na Ponte Navea (ponte medieval que substituíu a outra anterior de orixe romana, pola cal pasaba a Vía Nova ou Vía XVIII) e o etnográfico nos sequeiros de Pena Folenche.
E un dato curioso.
Ruta da Fraga de San Xoán do Río (Vídeo)
Ponte Navea
Río Navea (Vídeo)
Ruta de Pena Folenche (Camiñando nas alas do vento
Os sequeiros de Pena Folenche (Vídeo)
Percorrido: 19,66 Kms.
Dificultade: media
Saída: Estación de autobuses de Lalín
Hora: 8:00
Punto de encontro: Castro Caldelas, 9:30h.na cafetería Rubio (na praza do pobo), onde poderemos probar a típica bica de Castro Caldelas.
 Fraga de San Xoán do Río

Canón do Navea
 Ponte Navea
O Navea encaixado e abeirado de fragas.

 Souto en Pena Folenche

 Pena Folenche (no pasado soportou unha torre defensiva)
As terras de Trives desde Pena Folenche.
Sequeiros de Pena Folenche