28/02/23

RUTA CALDAS DE REIS E FERVENZAS DE SEGADE E DA BAROSA

 SÁBADO 11 DE MARZO DE 2023

VER RUTA EN WIKILOC


Propoñemos unha nova andaina nas terras de Caldas de Reis e os seus ríos coas fermosas fervenzas de Segade e oa dos muíños da Barosa. Dezasete quilómetros e medio de paisaxe, arquitectura popular (pontes, pontellas, presas, muíños, igrexas, cruceiros...) e un fragmento do Camiño Portugués, das rutas xacobeas. E a fermosa vila de Caldas coas súa burga, o seu balneario, a carballeira e o parque onda o río.

DATOS TÉCNICOS DA RUTA
Percorrido: 17,5 Kms
Pendente media en subida 4,5%  
Pendente media en baixada -4,6%
Desnivel acumulado subindo +460 m
Desnivel acumulado baixando -460 m

Lugar de saída de Lalín: Estación de autobuses
Hora: 8:15
Punto de encontro: Bar Timonel (Caldas de Reis), onda o Concello. Hora: 9:15 - 9:30  
As cervexas e pinchos da tarde serán tamén neste bar.
Os amigos de Caldas propóñennos que aparquemos os coches no aparcadoiro gratuíto da Tafona (a 200 m do bar Timonel. Indicamos a súa SITUACIÓN


Se chovese, teriamos que aprazala. 













26/01/23

RUTA AS NOGAIS - DONCOS - CASTELO (pola vía Künig) - TORRE DE DONCOS

 SÁBADO 4 DE FEBREIRO DE 2023

VER RUTA EN WIKILOC

Monte Carballal co paso da vía Künig, entre Doncos e Castelo
DATOS DA RUTA:
Percorreremos camiños que desde antigo foron moi transitados, a vía xacobea seguida polo monxe alemán Hermann Künig, coincidente co camiño real executado no reinado de Carlos III. Para o control destes camiños de paso obrigado entre Galicia e Castela erixiuse o castelo de Doncos, do que aínda segue en pé a súa torre. A historia, as paisaxes da montaña ancaresa, as aldeas, a igrexa e o pazo de Doncos, a etnografía dos hórreos, dos muíños, dos pombais... todo isto forma parte deste itinerario que vos propoñemos.



Percorrido: 18,6 Kms
Pendente positiva: 9,3 %
Pendente negativa: -9,5 %
Desnivel positivo acumulado +950 m
Desnivel negativo acumulado -950 m
Saída de Lalín: Estación de autobuses       Hora: 8:00 

PUNTO DE ENCONTRO: 
Hostal O Muíño. As Nogais (Aquí tomaremos o café da mañá e as cervexas con pinchos da tarde).
Hora: 9:30
https://goo.gl/maps/VRYeCj51Z5GronQS7  

Imaxe antiga da torre do castelo de Doncos, no val do río Navia
Torre do castelo de Doncos
Pazo de Doncos, atribuído ao enxeñeiro francés Charles Lemaur

Igrexa parroquial de Doncos

Un dos varios hórreos colmados de palla que encontraremos na ruta.

Vila das Nogais, inicio e meta da ruta

Un fragmento do camiño da nosa ruta.


02/01/23

RUTA CURTA DO MUÍÑO DE CUÍÑA (PRADO-LALÍN)

 SÁBADO 14 DE XANEIRO DE 2023

VER RUTA EN WIKILOC

Escollemos esta rutiña curta (10,5 Kms) para termos a continuación un xantar e a asemblea anual do club no restaurante Casa Castro de Vila de Cruces.

Empezaremos a ruta onda o muíño de Cuíña e ademais das paisaxes teremos como puntos de interese o Pazo de Liñares, a Ponte medieval de Taboada, as ribeiras dos ríos Deza e Asneiro, un secadoiro de curtidos, a capela de santa Lucía...

Se o tempo non valese, aprazariámola para o día 28 de xaneiro.

DATOS TÉCNICOS DA RUTA:

Pendente media de subida 7,7%

Pendente media de baixada -7,9%

Desnivel positivo acumulado  +497 m

Desnivel negativo acumulado -497 m

Dificultade: media - media. Incrementada pola humidade e as zonas de auga nas beiras dos ríos.

Saída de Lalín: Estación de autobuses

Hora: 9:00

Punto de encontro: (aínda sen fixar)                en Prado. 9:15 horas

MENÚ DO XANTAR: Empanada de polo con gambas, pementos do piquillo recheos de grelos, raxo (lomo) asado con gornición, tarta da avoa, café, chupitos, bodega e bebidas... PREZO: 20 €

Pazo de Liñares
Secadoiro de curtidos


Capela de Santa Lucía

Levada ao muíño de Cuíña

Muíño de Cuíña

Viaduto do ferrocarril

Ponte medieval de Taboada

Ponte Taboada



30/11/22

RUTA REBORDECHAO - SAN MAMEDE

SÁBADO 10 DE DECEMBRO DE 2022

VER RUTA EN WIKILOC

Ruta de montaña no Macizo Central ourensán, no concello de Vilar de Barrio.
Puntos de interese: 
- Aldea de Rebordechao
- Cumio e capela do San Mamede
- Fervenza do Pozo dos Mouros
- Bosques autóctonos.
- Chozos dos pastores
- Amplas panorámicas sobre a Limia e as Terras de Maceda e Montederramo

Datos técnicos da ruta:
Percorrido: 15,5 Kms
Pendente media positiva: 12,6%
Pendente media negativa: -13,1%
Dificultade: media-alta
Existe a posibilidade de realizar soamente 11 Kms

Saída de Lalín: estación de autobuses
Hora: 8:15
Punto de encontro: Vilar de Barrio. Hora : 9:30









03/11/22

RUTA DO CAMIÑO DO FERRADAL e VILARMEL

SÁBADO 12 DE NOVEMBRO DE 2022

VER RUTA EN WIKILOC

Anotarse no Telegram. Quen non o teña que o notifique por whatsapp.



Nova convocatoria de ruta para disfrutar do outono no Courel. Nesta ocasión propoñemos a zona Suroccidental do Courel, no concello de Quiroga, percorrendo as ribeiras do río Soldón polo antigo Camiño do Ferradal, un camiño que serviu na explotación mineira da zona, primeiro para extraer ouro na época romana e posteriormente para o transporte do ferro e do mineral do ferro. 
ELEMENTOS DE INTERESE:
-As paisaxes de ribeira e a orografía da zona.
-Soutos
-Pontes e pontellas
-Muíños
-Ferrarías de Rugando e Gorgueira
-Cabanas da Caleira
-Alvarizas
-Sequeiros
-Fervenzas
-Cova de Ricopete (antiga mina romana)
-Pena Furada (antigo túnel romano para a condución de auga ás zonas de mineiría).
-Vilarmel, aldea típica do Courel.

Percorrido: 17,5 Kms
Pendente media en ascenso 10,7 - Pendente media en descenso -10,1 %
Dificultade: media - media-alta
Cabe a posibilidade de realizar só o tramo desde O Soldón ata Rugando (10,4 Kms). Dificultade: media.
Xantaremos en Rugando no exterior do bar da casa de turismo Ferrería de Rugando, con servizo para bebida. A comida levámola na mochila.
ATENCIÓN
Esta é unha ruta lineal que remata a 11,5 Kms do lugar onde deixaremos os coches. Por iso propoñemos que contratemos un microbús para retornar desde Rugando ata O Soldón. Autos Severo de Quiroga cóbranos 165 €. Se fósemos 20 camiñantes tocaríanos a 8,25 € por persoa.  Outra opción é deixar os camiñantes no Soldón, levar os coches a Rugando (os condutores retornarían nun único coche ata O Soldón). Esta opción retrasaríanos o inicio da ruta uns 40 minutos e os camiñantes terían que esperar namentres.
Cremos que o microbús é unha boa opción, pero agardamos a vosa resposta. No Telegram poñeremos a votación destas dúas opcións.

Saída de Lalín: Estación de autobuses
Hora: 8:00
Punto de encontro (poñerémolo nos vindeiros días) Hora: 9:15










02/10/22

RUTA DOS VIÑEDOS DE BELESAR, NA RIBEIRA SACRA

 SÁBADO 15 DE OUTUBRO DE 2022

VER RUTA EN WIKILOC

Belesar, nas ribeiras do Miño
As poucas casiñas de Belesar emerxen do lenzo verde da natureza como atraídas pola auga que corre aos seus pés. Casas de cachotería de granito e lousa que buscan o constante coloquio do Miño. A forte pendente que se abre detrás da aldea levaranos polas beiras para admirar unha das mellores paisaxes da Ribeira Sacra. En Belesar non hai que dicir que hai unha tranquilidade case tan profunda como o propio Miño. Atrás quedaron aqueles primeiros anos do século XX, cando a vila foi arrasada polo encoro do mesmo nome. Hoxe son moitos os que veñen aquí de fin de semana, de turismo rural, sobre todo coa chegada do bo tempo e da primavera, ou cando florece o outono, para degustar os primeiros viños da zona. Belesar é famosa pola súa Ruta dos Cóbados de Belesar, unha antiga calzada romana que unía Astorga con Portugal durante os séculos I ao IV. O nome de cóbados provén da súa pronunciada pendente e das pronunciadas curvas que presenta. 
O cromatismo do outono nos viñedos

Camiño polo souto, preto de Belesar

Adegas e viñedos na ribeira de Chantada en Belesar

Pazo dos bispos en Diomondi, agora albergue de peregrinos
A igrexa de San Paio de Diomondi formaba parte dun antigo mosteiro beneditino. Esta igrexa é un dos principais exemplos do esplendor do románico compostelán. Atópase no concello do Saviñao, no corazón da Ribeira Sacra do Miño.  
O palacio de Diomondi está pegado ao lado norte da Igrexa. Foi construído nos séculos XIII e XIV. Foi utilizado como residencia episcopal e como prisión. Antigamente foi a residencia de verán do bispo de Lugo. É de gran interese xa que é un dos poucos exemplos de arquitectura civil medieval en Galicia. A súa fachada foi restaurada en 2016.
Igrexa e pazo de Diomondi, locen recentemente restaurados

Vista aérea do impresionante conxunto de Diomondi

Fachada de Santo Estevo de Ribas de Miño
Panorámica da fermosa igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño.

Xantaremos no entorno da presa do encoro de Belesar
Percorrido da ruta: 19 Kms.
Pendente media de subida 10%
Pendente media de baixada -9,7%
Dificultade: media 
Saída de Lalín: Estación de autobuses
Hora: 8:30
Punto de encontro: Bar do Club Fluvial de Belesar, ás 9:30 horas. 
Cervexas e pinchos no propio Bar do Club Fluvial de Belesar