“Se a montaña non veu ao Érbedo,
foi o Érbedo á montaña!!”
2 RUTAS nas que gozamos da ALTA MONTAÑA GALEGA
(serras: Eixe e Calva)
Conquistado o cumio máis alto da Galiza: Pena Trevinca
Sábado 30 novembro:
“Ruta das 4 Lagoas” (17 km, en principio de dificultade media, en Wikiloc) para ver as xeadas lagoas de Ocelo, Carrizais, Laceira e da Serpe, encoradas polas morreras glaciares do cuaternario, entre neve e friaxe. Sempre pola montaña (Serra Calva) e con algún que outro problemiña físico final que nos advertiu de que á montaña hai que ir sempre preparados.
Vídeo ilustrativo da ruta do domingo 1 (Pena Trevinca) en Google Earth (You Tube)
Domingo1 decembro:
7.30:
Diana ou Alborada.
8.30:
saída da “Ruta de Pena Trevinca”(27 km, dificultade alta, en Wikiloc), cumio da Galiza (2.127 m): pasamos polas minas alemás de volframio de
Vilanova, ascendemos polo incríbel val do río Meladas, superamos o pico Maluro, camiñamos polo Lombo Roncín entre refachos de vento frío e cun sendeiro nevado e perigoso, avanzamos polo cordal da serra vendo o Teixedal de Casaio, a Pena Negra e o mundo enteiro. Por fin, non sen esforzo, acadamos a empinada e ventada Pena
Trevinca. Día perfecto de inverno para o sendeirista: sol e viruxe. Realmente espectacular esta paisaxe da Serra do Eixe e inefábel a sensación que provoca a experiencia de aventurarte polos 2.000 metros.
18.00: Chegada de volta da ruta a Vilanova. Refrixerio e aseo no Trisquel.
18.00: Chegada de volta da ruta a Vilanova. Refrixerio e aseo no Trisquel.
20.30: Cea do Xabarín no camiño na Taberna de Julia, en Salcedo, Pobra de
Brollón (preto de Monforte).
Consellos para sobrevivir na alta montaña (preme nas ligazóns):
1.-roupa(tres capas), 2.-recomendacións.