31/12/13
21/12/13
CHEGAR A GROBAS ou COMO POÑERLLE O RAMO ao 2013
A toponimia non é unha ciencia exacta, pois trata de explicar a orixe e significado dos nomes de lugar. A derradeira ruta do 2013 do Érbedo explicou por si soa por que este treito de camiño e o regueiro entre O Ameixedo e Grobas lle chaman o "Malpaso". Cadaquén puido comprobar por si mesmo a esixencia e risco deste descenso. Sufrimos e gozamos desta paraxe de excelencia que beirea o río Grobas, tributario do Deza. Outra xornada memorable para o extenso arquivo dos camiñantes do Érbedo.
FELICES FESTAS e moi moi VENTUREIRO ANO!
17/12/13
RUTA BUSTELOS AMEIXEDO GROBAS
VER RUTA EN WIKILOC O fragor e a fermosura natural do que temos ao lado.
Sábado 21 de decembro de 2013
En mañá fresca e gris, con Manolo Busto á fronte e nos vehículos particulares, fomos ata Bustelos (16 Kms), na serra do Candán. Desde aquí baixamos buscando a cunca do río Deza para remontar polo val do regato de Grobas. Atravesamos a pontella do Ameixedo sobre o Grobas e subimos pola inmensidade da fraga deica a aldea de O Ameixedo. Para irmos a Grobas seguimos o vello camiño, rozado recentemente polos intrépidos que capitaneou Paco Agulló armados de podos e ansia. Chegamos a duras penas ao rego do Malpaso (a perigosa baixada que nos levou a el serve de advertencia de que hai que ir sempre moi preparados ás rutas) e de alí deica o miniparaíso de Grobas, esa aldea mítica e máxica que Forcarei abandonou no colo do Candán e que hai dous anos nos impresionou. Regresamos a Bustelos polo camiño de ferradura que patearon tantos ancestros na procura da civilización dezá.
Percorrido: 10,4 Kms. Dificultade: Media (alta nun tramo complicadísimo de 500 m.)
Ruta que despide a campaña 2013, tan prolífica e densa en paisaxes e vivencias.
Pontella sobre o arroio Gobas no camiño Bustelos - Ameixedo

Camiño calzado na subida desde o rego Grobas cara o Ameixedo
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)