10/01/14
RUTA DE ENTRENO DE DADÍN AO CASTRO DE XURENZÁS
VER RUTA EN WIKILOC
Xa a última hora convocamos a esta rutiña de entreno para mañá sábado 11 de xaneiro polo concello de O Irixo (Ourense), a 19 Kms. de Lalín. Cremos que non ofrece ningunha dificultade especial e ten como puntos de interese o santuario e carballeira da Pena da Sela e os castros Pedroso e Xurenzás.
A meteoroloxía parece propicia, sen precipitacións, cun ceo no que se abrirán progresivamente claros e temperaturas arredor dos 10º
Dificultade: media-baixa
Percorrido: 12,7 Kms.
Hora de saída: 9:00
Lugar: estación autobuses
Hora de regreso: 13.30 - 14:00
ANÓTATE AQUÍ
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)