ADVERTENCIA IMPORTANTE

Érbedo” é un grupo sendeirista non federado formado por amig@s que se xuntan libre e conscientemente para realizar rutas a pé. Polo tanto, ao non contar cun seguro colectivo, cada persoa que participa debe facerse responsábel da súa seguridade e de calquera contratempo ou accidente que poida acontecer. Por isto, recoméndase: 1.-Acudir ás rutas co equipamento adecuado. 2.-Contar cun seguro individual que cubra calquera continxencia non desexada.

11/01/15

RUTA DO XABRIÑA

Sábado, 24 de xaneiro
A andaina a través do ollo de Manuel Ferreiro.


Desta volta son as terras da comarca d’A Paradanta as que nos convocaron para unha nova andaina polo PR-G119 Rota do Xabriña (concello de Covelo).
O río Xabriña, afluente do Tea, convértese no verdadeiro protagonista desta ruta circular que parte da parroquia de Paraños e que visita outros lugares como Prado de Canda e A Lamosa… ler máis.

Houbo un momento especial recollido pola mirada atenta de Manuel Ferreiro para inmortalizar o "izado heroico" da bandeira galega na Pena da Bouza, en Covelo.