25/03/15

CONVOCATORIA DE RUTA: PATRIMONIO DO CONCELLO DE TOQUES (A CORUÑA)

VER RUTA  (20,6 Kms.) EN WIKILOC
VER RUTA (14,8 Kms. EN WIKILOC
ANÓTATE AQUÍ  (Pregamos anotarse antes das 24:00 horas do día 2 de abril).
Convocamos unha nova xeira de marcha de Érbedo polo patrimonio natural, arqueolóxico, monumental e histórico do concello de Toques (A Coruña).
Puntos de interese: Aula da Natureza de Toques, castro de A Graña (escavado parcialmente), fervenza de Brañas, dolmen Fornos dos Mouros, a Pena da Moura (megalitos do Bocelo), mosteiro de San Antolín...
DATA: sábado 4 abril 2015
Lugar de saída: Estación de autobuses de Lalín
Hora: 8:30
Punto de encontro: Churrería O Burato, Cantón de San Roque, 5 (Melide) 9:10 horas
Percorrido: 20,6 Kms  Dificultade: media
Percorrido 14,8 Kms. Dificultade: baixa
Tipo de camiños: Predomina a pista forestal, corredoiras, carreiros e algo de asfalto.
Na tardiña visitaremos a ponte e a aldea de Furelos e aproveitaremos para tomar unha cervexa ou un viño.
Cea no restaurante da Pousada Chiquitín de Melide  (Menú: 1º- Revolto de champiñóns con xamón, embutido ; 2º - Cinta de lomo en salsa de redución de vermú, postres variados, café e bebidas. 15 €).

02/03/15

RUTA PONTE DOS MEDOS - FREIXA DA CHAMOSA

VER RUTA EN WIKILOC
DOMINGO 8 DE MARZO 2015
ANÓTATE AQUÍ

Recomendamos uso de bastóns, sombreiro, protección solar, 1 litro de auga e un pouco de alimento. E tamén puntualidade para non demorarnos no retorno.



Convocamos aos camiñantes do Érbedo para unha ruta de proximidade pola serra do Candán - Testeiro. Iremos polo curso alto do Deza e o Rego do Porto. Pasaremos pola casa do Coco e achégarémonos a unhas fermosas fervenzas no río Porto, a Freixa da Chamosa, preto da aldea de A Graña (Forcarei). Un percorrido de 14,8 Kms para unha mañá soleada de domingo preprimaveral.

A ruta transcorre nun 80% por camiños de montaña, un 19% camiños rurais e 200 metros semivirxes para explorar.
Lugar de saída: Estación de autobuses de Lalín. Os que vaian a Vilatuxe que esperen diante do mesón O Cruce.
Hora: 8:45
Regreso previsto 13:30 horas