Na memoria quedará gravado o esforzo e o pracer da ascensión polo Teixadal cara a lagoa do Penedo. O regato co balbordo das súas pincheiras, as ruínas das casoupiñas dos maquis, os teixos case exóticos, as empinadas moreas glaciares, o circo glaciar de Pena Surbia...!
A paixón fotográfica do noso esforzado compañeiro Ferreiro déixanos esta impagable testemuña:
ALBUM FOTOGRÁFICO
VÍDEO 1
VÍDEO 2
VÍDEO 3
Polos cumios da
Galiza
“O
Teixadal de Casaio: na procura da Cidade da Selva!!”
Un recanto remoto, indómito e fermoso.
Imos subir o maior Teixadal coñecido deste lado dos Pirineos. Para iso atravesamos as escuras -e devastadas polas louseiras- terras de Casaio para ir de novo ao macizo de Trevinca. Aínda que se trata dunha zona de especial protección (un incríbel e selvático paraíso), o Teixadal en si segue degradándose e xa son menos de 300 os exemplares de teixos que quedan. Entre eles atopamos os restos das casopas dos Maquis, na denominada Cidade da Selva, un recóndito e case inaccesíbel agocho no que se refuxiaron as partidas de guerrilleiros opostos á Ditadura. De paso, ollaremos os cascallos e as naves derrubadas das minas de Valborraz, de onde os nazis sacaban volframio. Logo optaremos polo ascenso a 1 ou 2 cumios que superan os 2000: Pena Surbia e Pena Negra.
Programa
7:00: saída da Estación de Autobuses de Lalín (150 km, 2 horas a Sobradelo).
9:15: reunión e
café no Mesón Museo, SOBRADELO (Valdeorras, Ourense) .
10:15: chegada á mina a Cabrita e inicio da Ruta*.
14:00: xantar no Teixadal, ao lado do regato do
Penedo.
20:30: remate da Ruta.
21:00: cervexa no lugar de Casaio.
21:30: Cea no Mesón
Museo de Sobradelo (988 33 50 35).
23:00: cada paxaro para o seu niño.
* RUTA : Inicio na
canteira A Cabrita, onde deixamos os coches- Vista das minas de Valborraz- Lixeiro
ascenso e baixada ata o Couto II- Baixada polo monte ata o sendeiro que leva ao
Teixadal de Casaio- Xantar ao lado do regato do Penedo- Ascenso amodo polo Teixadal
ata a Lagoa do Penedo (aí quen estea canso pode agardar, bañarse ou seguir
adiante)- Ascenso a Pena Surbia- Ascenso a Pena Negra- Regreso en lixeira baixada
a ata a mina da Cabrita (coches).DISTANCIAS:
13 km sen subir aos cumios (dificultade
media; asequíbel para quen vaia de relaxo).
15 km subindo ata Pena Surbia (dificultade media-alta; quen vaia para conquistar un 2000).
15 km subindo ata Pena Surbia (dificultade media-alta; quen vaia para conquistar un 2000).
20 km subindo Pena Surbia e Pena Negra (dificultade
alta: quen procure 2 cumios de 2000).
OLLO: alta montaña: convén levar botas, bastóns, equipamento
básico e comida.
Hai auga no Teixadal, onde
convén non separarse do grupo.
CEA: no Mesón Museo de Sobradelo. Escolleremos no café quen quere carne ou bacallau (tede en conta que esta é a especialidade da casa), todo regado con Valdeorras. PREZO: 15 €
CEA: no Mesón Museo de Sobradelo. Escolleremos no café quen quere carne ou bacallau (tede en conta que esta é a especialidade da casa), todo regado con Valdeorras. PREZO: 15 €