( A San Andrés de Teixido procura ir de vivo)
VER RUTA EN WIKILOC
Os camiñantes de Érbedo gozamos o 26 de setembro dunha espléndida xornada de sendeirismo percorrendo A Serra da Capelada e coa visita ao célebre santuario de San Andrés de Teixido. A brétema coroou durante todo o día a Garita da Herbeira, engandido misterio ao lugar e impedindo a visión dos impresionates cantís que alí se erguen. Abeirados nas rochas, protexidos das ventisqueiras no nordés, demos xantado e albiscado intermitentemente a fermosura da serra precipitándose sobre o azul atlántico. San Andrés e o seu santuario estaban alí abaixo agardándonos, pero antes houbemos de pasar por Teixedelo, polo memorial de Leslie Howard e o cruceiro. Desde alí, seguindo a cachos o camiño vello, descendemos a Teixido por un bosque frondoso e antigo. Xa na chaira que antecede á aldea, unha zona lacustre de gran beleza sorprendeunos agradablemente. Quedaba o santuario e o poboado, entre a algarabía dos peregrinos e visitantes e a empinada ascensión ao Chan do Monte. En Cedeira, puidemos saborear as augas da Madalena e as cervexas da praza. En Vilarrube, na Taberna do Puntal, unha opípara cea, como de costume, onde o mellor prato sempre é a boa camaradería. O retorno aos domicilios, nocturno e longo. Así é o sendeirismo.
Un dos grandes atractivos das rutas sempre son as reportaxes gráficas do compañeiro Manuel Ferreiro. Velaquí as ligamos, despois de ser saboreadas no Facebook ou nos e-mails: