14/12/16

RUTA RÍO BARBANTIÑO DESDE PUNXÍN

XOVES 22 DE DECEMBRO DE 2016
ANÓTATE AQUÍ
Convocamos esta ruta para o xoves día 22 de decembro ante a imposibilidade de encontrar un sábado axeitado neste mes. O 24 e 0 31 non son datas de andarmos de camiñada. 
E será unha ruta de 12,6 Kms. para a mañá do sábado. Percorreremos as fermosas ribeiras do curso baixo do Barbantiño, coas súas fervenzas, poldras, muíños, pontes e o agradecido bosque de galería.
Nestas datas de comidas tan copiosas cremos oportuno non convocar nin para xantar nin para cear. Iso si, sempre pode haber cabida para tomar un refrixerio no remate da ruta.
Saída: Estación de autobuses de Lalín
Hora: 8:30
Hora aproximada para o retorno: 14:30 horas.
Percorrido: 12,6 Kms
Dificultade: Media
Punto de encontro: Restaurante O Cabaceiro (Punxín) ás 9:10 h.







05/11/16

RUTA SAN XOÁN DO RÍO - A FRAGA - PONTE NAVEA - PENA FOLENCHE

SÁBADO, 19 DE NOVEMBRO DE 2016
VER RUTA EN WIKILOC
ANÓTATE AQUÍ
Programamos ruta para o vindeiro 19 de novembro nas terras de Trives e concretamente as carballeiras e soutos que rodean o escarpado canón do río Navea. Á paisaxe únense outros atractivos, o histórico-arquitectónico na Ponte Navea (ponte medieval que substituíu a outra anterior de orixe romana, pola cal pasaba a Vía Nova ou Vía XVIII) e o etnográfico nos sequeiros de Pena Folenche.
E un dato curioso.
Ruta da Fraga de San Xoán do Río (Vídeo)
Ponte Navea
Río Navea (Vídeo)
Ruta de Pena Folenche (Camiñando nas alas do vento
Os sequeiros de Pena Folenche (Vídeo)
Percorrido: 19,66 Kms.
Dificultade: media
Saída: Estación de autobuses de Lalín
Hora: 8:00
Punto de encontro: Castro Caldelas, 9:30h.na cafetería Rubio (na praza do pobo), onde poderemos probar a típica bica de Castro Caldelas.
 Fraga de San Xoán do Río

Canón do Navea
 Ponte Navea
O Navea encaixado e abeirado de fragas.

 Souto en Pena Folenche

 Pena Folenche (no pasado soportou unha torre defensiva)
As terras de Trives desde Pena Folenche.
Sequeiros de Pena Folenche

19/09/16

RUTA POLOS CANÓNS DO TERA E CÁRDENA (SANABRIA)

SÁBADO, 8 DE OUTUBRO
VER RUTA EN WIKILOC
ANÓTATE AQUÍ
Dificultade media-alta (posibilidade de acurtala 5 km.)
Cea e pernocta: El Balcón del Lago, en San Martín de Castañeda980 05 70 06 (Jacinto) 
Habitación dobre/matrimonio con almorzo: 45€.  Cea: 15€.O venres van durmir 2 parellas (Bea-Guille, Marisol-Antonio): poñerse en contacto antes. Non abre a cociña o venres, pero indicarán onde poden cear, que ver... (amabilidade).O sábado ceamos todos aí (menos 2) e quedámonos para o domingo (visita a Sanabria). Advertencia: seica prefiren pago en efectivo, pois axustaron o prezo.

Seguindo a proposta de Ojolince y sra. achegámonos desta vez ao parque natural do Lago de Sanabria para percorrer as gargantas do Tera e Cárdena.
Moi preto da beira do Lago de Sanabria, en Ribadelago Vello, iníciase o percorrido que se interna a través do estreito e espectacular Canón do Tera. Á saída do citado pobo e, sempre paralelo ao río, atópase a pechada garganta.  Ao chegar ás primeiras fervenzas é necesario cruzar de novo o río e comezar a gañar altura para salvar as primeiras dificultades topográficas.
As pegadas deixadas polas distintas glaciaciones cuaternarias nas rocas cámbricas da zona caracterizan o relevo. Profundos barrancos, circos glaciares, alturas aborregadas, ibones, morrenas e bloques erráticos son algunhas das mostras da erosión producida polo xeo. Na privilexiada contorna do Parque Natural do Lago de Sanabria pódense localizar ata 40 lagoas de orixe glaciar.
Unha vereda cada vez máis esvaecida alcanza, tras descender por unhas escaleiras naturais, a chamada Poza das Ninfas. Fervenzas e pequenas lagoas altérnanse formando un rosario de gran beleza. No ensanche da garganta fórmase o val da Cova de San Martín, volvéndose a pechar para ter que remontala e chegar a presa rota no 1959.  
Unha pista ancha lévanos, xa de volta,  ao canón do Cárdena, que se estreita e descende apuradamente para a central hidroeléctrica de Moncabril para rematar a andaina.




Catástrofe de Ribadelago

Punto de encontro: Restaurante El Majo (no centro de Ribadelago Novo) 9:15 horas



 

RUTA POLOS CANÓNS DO TERA E CÁRDENA (SANABRIA)

SÁBADO, 8 DE OUTUBRO
VER RUTA EN WIKILOC
ANÓTATE AQUÍ
Dificultade media-alta (posibilidade de acurtala 5 km.)

Cea e pernocta: El Balcón del Lago, San Martín de Castañeda980 05 70 06 (Jacinto) 
Habitación dobre/matrimonio con almorzo: 45€.  Cea: 15€.
O venres van durmir 2 parellas (Bea-Guille, Marisol-Antonio): poñerse en contacto antes. Non abre a cociña o venres, pero indicarán onde poden cear, que ver... (amabilidade).O sábado ceamos todos aí (menos 2) e quedámonos para o domingo (visita a Sanabria). Advertencia: seica prefiren pago en efectivo, pois axustaron o prezo.

Seguindo a proposta de Ojolince y sra. achegámonos desta vez ao parque natural do Lago de Sanabria para percorrer as gargantas do Tera e Cárdena.
Moi preto da beira do Lago de Sanabria, en Ribadelago Vello, iníciase o percorrido que se interna a través do estreito e espectacular Canón do Tera. Á saída do citado pobo e, sempre paralelo ao río, atópase a pechada garganta.  Ao chegar ás primeiras fervenzas é necesario cruzar de novo o río e comezar a gañar altura para salvar as primeiras dificultades topográficas.
As pegadas deixadas polas distintas glaciaciones cuaternarias nas rocas cámbricas da zona caracterizan o relevo. Profundos barrancos, circos glaciares, alturas aborregadas, ibones, morrenas e bloques erráticos son algunhas das mostras da erosión producida polo xeo. Na privilexiada contorna do Parque Natural do Lago de Sanabria pódense localizar ata 40 lagoas de orixe glaciar.
Unha vereda cada vez máis esvaecida alcanza, tras descender por unhas escaleiras naturais, a chamada Poza das Ninfas. Fervenzas e pequenas lagoas altérnanse formando un rosario de gran beleza. No ensanche da garganta fórmase o val da Cova de San Martín, volvéndose a pechar para ter que remontala e chegar a presa rota no 1959.  
Unha pista ancha lévanos, xa de volta,  ao canón do Cárdena, que se estreita e descende apuradamente para a central hidroeléctrica de Moncabril para rematar a andaina.







22/08/16

RUTA NOCTURNA DESDE PEDROSO AO COTO CORNELLAL (LUGAR DE ALTO INTERESE ARQUEOLÓXICO)

SÁBADO 3 DE SETEMBRO DE 2016
Diferentes razóns impedíronnos convocar a ruta clásica de Os Ancares neste mes de agosto. E todo o que nos podemos permitir neste inicio do curso é esta novidade: unha ruta nocturna desde Pedroso (Rodeiro) ata o Coto Cornellal, en Axiaz (Ventosa-Agolada), o lugar de maior interese arqueolóxico de toda a comarca. Son numerosas as mámoas con túmulo dolménico e os petróglifos. Precisamente de noite é cando mellor se ven os petróglifos gravados nas rochas.
Percorrido: 11 Kms.
Dificultade: media-baixa
Puntos de interese: Ponte medieval de Pedroso
Aldea de Laxas
Lenda do Turubelo
Coto Cornellal
Coto da Aspra
Pontellas
Recoméndase o uso de lanternas, preferiblemente as que se portan na fronte.
Saída: Estación de autobuses de Lalín
Hora 21:45
Retorno previsto: entre a unha e as dúas da madrugada.
Cabe a posibilidade de tomar unha cervexa no retorno nun pub de Rodeiro.










15/07/16

RUTA COSTEIRO-MARÍTIMA ENTRE LAXE E CAMELLE (COSTA DA MORTE)

SÁBADO, 30 - XULLO - 2016
Saída: Estación Autobuses de Lalín
Hora: 7:45
Punto de Encontro: Bar Rivera de Laxe (xunto ao porto), Rosalía de Castro, 2.  Hora: 9:15-9:30
Xantar na Taberna de Mórdomo (Bar Os Espiños) ou na área recreativa de Traba.
Baño na praias de Camelle.
CEA en FOGAR DO SANTISO Ver fotos. En Teo, preto de Santiago. Para os que non o coñezan, un lugar que sorprenderá; cociña ecolóxica galega entre a natureza.  PREZO: 20 €
Ruta 1: Laxe-Camelle. Percorrido: 16,2 Kms. Dificultade: media-baixa
Ruta 2: Laxe-Camelle-Arou-Camelle. Percorrido: 21,2 Kms. Dificultade: media
20:00 horas: Retorno de Camelle a Laxe nun autobús de Autos Caamaño (Prezo do autobús de 35 prazas: 100 €).
PUNTOS DE INTERESE:
 Laxe e a súa praia de fina area
 A casa do Arco de Laxe
O Faro de Laxe
 Laxe. Praia dos Cristais
Praia de Arnado
Praia de Soesto. Paraíso do wind-surf
Praia e Lagoa de Traba
Pasadeira pola Lagoa de Traba.

Área recreativa na praia de Traba 
 Camelle e a súa praia
Museo de Man
Arou

14/06/16

RUTA DA MARRONDA - ALTO EO

SÁBADO, 2 DE XUÑO 2016
ANÓTATE AQUÍ (antes do 29 de xuño)
No municipio de Baleira (Lugo) atópase o PRG-145, a Ruta da Marronda – Alto Eo, un percorrido que nos ofrece a oportunidade de coñecer un anaquiño da comarca da Fonsagrada. Afastada dos grandes núcleos de poboación e das vías de comunicación relevantes, ofrece unha paisaxe rica e case virxe nunha das zonas máis descoñecidas de Galicia. A Fraga da Marronda, de gran valor ecolóxico e cinexético, e o nacemento do río Eo son os protagonistas do camiño (Turgalicia).


Seguindo a suxestión do grupo Acivro, imos variar algo o percorrido oficial deste sendeiro, o que nos vai permitir visitar a fraga da Marronda. Deste xeito a distancia a percorrer ascende aos 25 km. cunha dificultade media-alta.
 

O PRG-145 orixinal:

 

Puntos de interese: San Paio, Cabreira, Río Eo, Fervenza da Acea de Serra, Fervenza do Pozo da Ferreira, Capela da Pastora, A Cortevella, Miradoiro do Muiño, Fraga da Marronda, Pena da Raia.

Acceso: na A-6, á altura da cidade de Lugo, coller a saída 493 para enlazar coa LU-530 cara á Fonsagrada (por Castroverde). No Cádavo habémonos desviar pola LU-760 cara a Fonteo, e tras cruzar este núcleo collemos a LU-P-0405 cara a San Paio.

https://goo.gl/maps/sSbiHerPST32


Saída de Lalín: 7.30, diante da estación de autobuses
Punto de encontro: 9.00 hotel-restaurante Moneda, O Cádavo








Cea: O Recuncho de Pepe e María, en Cobelas (Castroverede)

01/06/16

RUTA GUENDE - FOXO DO LOBO - FONTEFRÍA - AS GRALLEIRAS - SALGUEIRO - POZO DAS OLAS (SERRA DO XURÉS)

SÁBADO 4 - XUÑO - 2016
VER RUTA EN WIKILOC
O sábado 4 de xuño de 2016 fomos ao Xurés-Gerês, reserva da biosfera, zona á que acudimos nunha cita anual irrenunciable. Tanto é o seu atractivo inabarcable! Iniciamos o percurso en Guende para avanzar cara o Foxo do Lobo, trampa ancestral para dar caza á alimaña temida. Desde o Foxo pronto se avistou o perfil impoñente do Fontefría. Dura ascensión e conquista dos horizontes desde o cumio. Desde alí, en subida máis calmosa agardábannos as cristas de As Gralleiras, xa na raia con Portugal,  desde onde avistamos Pitões das Júnias e a inmensidade montañeira de Montalegre. As formacións rochosas, esculpidas pacientemente polo teimudo cicel da erosión, espertaron en nós a lóxica admiración nas formas e na desproporcionada magnitude. 
Continuamos camiño en descenso cara a  Salgueiro (aldea abandonada, na que a Xunta de Galicia emprendeu hai tempo unha restauración integral, aínda inacabada. Os edificios restaurados xa precisan unha segunda remoción ). Máis adiante esperábannos as fermosísimas pozas do río Mao (Pozo das Olas). Desde este río, monte a través, pronto arribamos de novo a Guende. A xornada completouse cun baño reparador no SPA termal de Lobios e coa visita ao castelo e aos espigueiros de Lindoso. Cea no restaurante Lindo Verde de Lindoso.
Dezanove quilómetros intensos e esixentes, densos de contido. Historia, etnografía, natureza en estado puro, inmensas panorámicas, montañas elevadas e alonxadas do trafego humano, a rocha espida e convertida en escultura dos ventos. Admirar tanta beleza só ten o custe de adentarse na montaña e percorrela en compañía.

GUENDE



FOXO DO LOBO DE GUENDE





PICO DE FONTEFRÍA E AS GRALLEIRAS







ALDEA DE  SALGUEIRO





POZO DAS OLAS NO RÍO MAO