26/01/16

RUTA DE MONTAÑA EN PRADOALBAR E A EDRADA


SÁBADO 20 DE FEBREIRO DE 2016 (Sen chuvia, temperatura 12º - -1º)
Saída: Estación de autobuses de Lalín
Hora: 7:30

Ruta de montaña, no concello de Vilariño de Conso, na serra de Queixa-Macizo de Cabeza de Manzaneda. Parécenos un lugar moi interesante e atractivo. Nel aproveitamos dúas rutas xa deseñadas por outros predecesores. Fariamos pola mañá a ruta que desde Pradoalbar ascende ao castelo de Cerveira (9,78 Kms.) a carón do río Cerveira. É unha ruta lineal en case todo o seu percorrido, cunha pendente media do 10,5% de subida e -10,5 % de baixada. Dificultade media-alta, agás 1,5 Kms do promontorio onde están as ruínas do castelo de Cerveira, onde acada a cualificación de dificultade alta. (Este tramo sería prescindible para aqueles que desexen menos dificultade). Pradoalbar é xunto con Chaguazoso unha das aldeas situadas a maior altitude de todo o Macizo Central.
Información nun blog sobre esta primeira ruta.
Retorno a Pradoalbar e desprazamento nos coches ata a aldea de A Edrada. Desde alí faremos unha ruta circular de 7,45 Kms. pola tarde. Cunha pendente media  de 13,2% de subida e -15,3% de baixada. Neste tramo os puntos de interese, ademais das paisaxes da montaña, son a fervenza da Cenza e a propia aldea de A Edrada, situada a 930 m. de altitude. Dificultade: alta.
VÍDEO 1
VÍDEO 2
VÍDEO 3
Deixamos aquí algunhas imaxes para ilustrar sobre os lugares que pretendemos visitar:


A Edrada:

Fervenza en A Edrada:

Punto de encontro en A Gudiña (cafetería do hotel Suízo).
Cea en Trasmiras, en Casa César (caldo de grelos, cabrito, postre, bebidas ...)