ADVERTENCIA IMPORTANTE

Érbedo” é un grupo sendeirista non federado formado por amig@s que se xuntan libre e conscientemente para realizar rutas a pé. Polo tanto, ao non contar cun seguro colectivo, cada persoa que participa debe facerse responsábel da súa seguridade e de calquera contratempo ou accidente que poida acontecer. Por isto, recoméndase: 1.-Acudir ás rutas co equipamento adecuado. 2.-Contar cun seguro individual que cubra calquera continxencia non desexada.

17/03/16

RUTA TRIACASTELA-CALVOR-SAMOS

VENRES 25 - MARZO - 2016
Xornada xacobea no Érbedo 
APÚNTATE AQUÍ
Ver ruta en wikiloc
Andaremos un anaco do camiño de Santiago, inédito para varios érbedos. Trátase do tramo que discorre de Triacastela cara a Sarria pola variante de San Xil. Iniciaremos pois a andaina en Triacastela seguindo a senda xacobea pola súa variante setentrional ata pasado Calvor, retornando desde a aldea d’Aguiada para dirixirnos a Samos pola outra variante do Camiño Francés (con algún engadido para evitar o asfalto na medida do posíbel).

- Triacastela, histórico enclave xacobeo (igrexa, antigo hospital...)
- Ruta Xacobea
- Aldeas de A Balsa, San Xil, Montán, Losada, Calvor. (Igrexas románicas)
- Sivil, Gontán
- Pascais (igrexa románica e castro)
- Samos (mosteiro e arredores).

Hora de saída: 8:00
Lugar: Estación de Autobuses de Lalín
Punto de encontro: 9:30 Restaurante-cafetería A Veiga. Samos. 

Xantaremos en Pintín (Sarria). Teremos a posibilidade de mercar bocadillos, bebidas, café no hotel restaurante bar Casa Cines (Km. 12 da nosa ruta).

CEA ás 20:30 horas no Restaurante A Veiga (Samos). Hai varios primeiros pratos e varios segundos para elixir. Sobremesa e bebidas. 

Desde Lalín partirán tres coches: Xosé Manuel, Xabier Quiroga e Luís Jar.