24/05/16

RUTA MINA DOS CARRÍS - RÍO HOMEN - ENCOSTA DO SOL (XERÊS -PORTUGAL)

SÁBADO 4 DE XUÑO DE 2016
VER RUTA EN WIKILOC
ANÓTATE AQUÍ   (A ser posible antes do luns día 30 de maio)
Ruta Raíña do ano: O Xerês maxestoso coas augas frías e inmaculadas do Homen. As montañas impoñentes. O tobogán da cumeada. A historia, na mina dos Carrís. Panorámicas inmensas. Non cómpre máis nada.
Decidimos abrir unha segunda opción de ruta para quen desexe menos esforzo, unha ruta de ida e volta ata a Mina dos Carrís  VER EN WIKILOC  (Subir e baixar polo mesmo camiño).

VÍDEO 1 (Subida pola Encosta do Sol)
VÍDEO 2 (Subida polo río Homen).

Información en blogs sobre esta ruta:

http://olharessublimes.blogs.sapo.pt/geres-portela-do-homem-encosta-do-sol-6594





Puntos de Interese: 
- Río Homen
- Orografía xigantesca das montañas do Xerês
- Cascatas
- Mina dos Carrís (extracción de wolframio na Segunda Guerra Mundial)
- Natureza do Xerês
- Baño termal reparador no SPA do balneario de Lobios (7 €). (Levar toalla, bañador, chanclas).
- Castelo e espigueiros de Lindoso.






Lugar de saída: Estación de autobuses de Lalín
Hora: 7:00
Punto de encontro: Restaurante Lusitano de Lobios. 8:30 horas

Percorrido ruta circular: 21,7 Kms. (metade camiño- metade campo través).
Dificultade: Alta
Percorrido ruta ida-volta: 20 Kms (todo camiño). Dificultade: media.

Cea: Restaurante Lindo Verde de Lindoso.
Menú de bacallau ou cabrito, a elixir.