SÁBADO 29 DE ABRIL 2017
Ruta no veciño Portugal. Parte do santuario da Nosa Senhora da Peneda, cruza a fervenza, a barragem e a serra da Peneda e chega a aldeia de Gavieira. Desde alí retorna cruzando a serra por un acceso máis ao sur. Ademais do santuario e da fervenza, os atractivos da ruta residen fundamentalmente nas formacións graníticas da serra da Peneda e a propia vila e castelo de Melgaço.
Saída: Estación de autobuses de Lalín
Hora: 7:45
Percorrido da Ruta: 14,1 Kms.
Dificultade: media-alta
Punto de encontro: Pastelaría Transmontana. Largo de Hermenegildo Solheiro (Praza do Concello). Melgaço, ás 9:00
Cabe a posibilidade de baño reparador nas termas de Melgaço.
Cea no restaurante A Vila. Arbo. Menú: empanada, croquetas, xamón, churrasco mixto con patacas e ensalada, postre, café e bebida. Prezo: 15 €