ADVERTENCIA IMPORTANTE

Érbedo” é un grupo sendeirista non federado formado por amig@s que se xuntan libre e conscientemente para realizar rutas a pé. Polo tanto, ao non contar cun seguro colectivo, cada persoa que participa debe facerse responsábel da súa seguridade e de calquera contratempo ou accidente que poida acontecer. Por isto, recoméndase: 1.-Acudir ás rutas co equipamento adecuado. 2.-Contar cun seguro individual que cubra calquera continxencia non desexada.

22/10/17

RUTA DO MAQUINO LARGAÑO

SÁBADO 4 DE NOVEMBRO DE 2017

VER A RUTA EN WIKILOC

ANÓTATE AQUÍ


Organizamos para o sábado 4 de novembro unha fermosa andaina pola Ribeira Sacra ourensá, na confluencia do Sil e O Miño.  Partiremos de Luíntra, concello que xunto co de Nogueira de Ramuín son o berce dos míticos afiadores.  O barallete é a xerga que os afiadores crearon e pasearon polo mundo e nesta fala denomínase a ruta que nos espera para esa xornada: Maquino Largaño (camiño longo). O camiño ten de longo 18,8 Kms nos que poderemos gozar de paraxes nas que os camiños transitan entre soutos, reboleiras e caxigueiras, outeiros rochosos de espléndidas panorámicas sobre o Canón do Sil e outros que amosan a monumental presenza do mosteiro de San Estevo de Ribas de Sil.
Puntos de interese:
-Canón do Sil
-Mosteiro de San Estevo de Ribas de Sil
-Necrópole da Moura
-Penedos do Castro.
VER A RUTA NA PÁXINA DE ROTEIROS GALEGOS
VER VÍDEO


Saída: Estación de autobuses de Lalín
Hora: 8:15
Punto de encontro: Bar O Campanario. Praza Principal (Luíntra). Hora 9:30
Percorrido da ruta: 18,8 Kms.
Dificultade: media-media.
BAÑO RELAX NAS TERMAS DE AS BURGAS
CEA NO RESTAURANTE O CATADOR
E para cear escollemos tamén un restaurante en pleno centro histórico de Ourense: Restaurante O Catador (rúa Fornos, 4, xusto detrás da catedral).
Menú: 1º Empanadas, Calamares á romana, Revolto de setas 
2º A escoller entre Carrilleras estofadas ou bacallau á portuguesa (Hai que comunicar a opción que se elixe con antelación de dous días).
Postre, café e bebidas
Prezo: 20 €