ADVERTENCIA IMPORTANTE

Érbedo” é un grupo sendeirista non federado formado por amig@s que se xuntan libre e conscientemente para realizar rutas a pé. Polo tanto, ao non contar cun seguro colectivo, cada persoa que participa debe facerse responsábel da súa seguridade e de calquera contratempo ou accidente que poida acontecer. Por isto, recoméndase: 1.-Acudir ás rutas co equipamento adecuado. 2.-Contar cun seguro individual que cubra calquera continxencia non desexada.

20/11/17

RUTA DO TAMBRE E FRAGAS DE BRIÓN

SÁBADO 2 DE DECEMBRO DE 2017
Esta ruta parte das inmediacións de Negreira e transcorre polas ribeiras do Tambre e polas fragas de Brión, onde aínda resisten bosques caducifolios en constante pugna coas especies alóctonas colonizadoras.
 VER RUTA NO BLOG GRUPO DE ANDAINAS

Na tardiña, como colofón turístico da ruta, xiraremos visita ao exterior do Pazo do Cotón en Negreira, a Ponte Maceira, xoia monumental do medievo con basamentos romanos e ás ruínas das Torres de Altamira, lugares emblemáticos da zona.


Saída: 8:15 horas
Lugar: Estación de autobuses
Punto de encontro: Bertamiráns, café bar NEW YORK, Avenida Mahía,10    9:15-9:30 horas
Percorrido: 17, 62  Kms.
Dificultade: Media baixa.
Cea no restaurante Mesón Alto do Vento en Ventosa (Ames). Menú: tortilla, croquetas, calamares, parrillada mixta con patacas e ensalada. Postre, café e bebidas. Prezo: 15 €
No remate da ruta haberá, para quen o desexe, baño na piscina climatizada de Bertamiráns (gorro, chanclas). Tamén se oferta no servizo, ximnasio e sauna. Prezo: 4,45 €