ADVERTENCIA IMPORTANTE

Érbedo” é un grupo sendeirista non federado formado por amig@s que se xuntan libre e conscientemente para realizar rutas a pé. Polo tanto, ao non contar cun seguro colectivo, cada persoa que participa debe facerse responsábel da súa seguridade e de calquera contratempo ou accidente que poida acontecer. Por isto, recoméndase: 1.-Acudir ás rutas co equipamento adecuado. 2.-Contar cun seguro individual que cubra calquera continxencia non desexada.

29/12/17

RUTA DAS CORGAS E PENAMÁ (ALLARIZ)

SÁBADO 27 DE XANEIRO DE 2018
VER RUTA EN WIKILOC
ANÓTATE AQUÍ
  
Puntos de interese: 
Casco histórico de Allariz
Ribeiras do Arnoia
Arquitectura e etnografía das aldeas de As Portelas, As Quintas de S. Trocado, San Martiño de Pazó, O Rodicio, Pumares, Penamá, San Salvador dos Penedos, Paicordeiro.
Muíños, pontellas...



Saída: Estación de autobuses de Lalín
Hora: 8:30
Punto de encontro: Allariz. Cafetería Muralla, no campo da feira, ás 9:15
Percorrido: 18,5 Kms.
Dificultade: Media-baixa

Opción de acudir á piscina climatizada de Allariz. Prezo: 3€ con vaso climatizado, sauna, ximnasio.

20:30 Cea no restaurante Centro Social, Portelo, 2
Menú: ensalada mixta, revolto variado, arroz con polbo, postre, bebida, café. Prezo: 18 €