18/12/18

RUTA DO RÍO SEIXO EN CERDEDO

DOMINGO 23 DE DECEMBRO DE 2018
VER RUTA EN WIKILOC
ANÓTATE AQUÍ
Queremos despedir o ano cunha ruta pequena e fermosa que nos vai ocupar a mañá do domingo. Para iso iremos ata a localidade de Cerdedo (Pontevedra) e percorreremos o curso do río Seixo co seu bosque de galería, que aínda presume da súa vexetación autóctona e conta con numerosos elementos da arquitectura popular. muíños, pontellas, cruceiros, hórreos, petos de ánimas, capelas...
Percorrido: 16 Kms
Dificultade: media-baixa
Saída de Cerededo: 9:00 Horas
Regreso previsto a Cerdedo: 13:30-14:00
Non se programa xantar por non sumar máis comidas de grupo a un mes que está saturado delas. Haberá unha cervexa como colofón e despedida da xornada.
Saída de Lalín: Estación de autobuses
Hora de saída: 8:15
Punto de encontro: Mesón Carola. Cerdedo Hora: 8:45










26/10/18

RUTA AO FAIAL DA PINTINIDOIRA E AO CASTELO DE DOIRAS

XOVES 6 DE DECEMBRO DE 2018
VER RUTA EN WIKILOC
ANÓTATE AQUÍ

Convocamos nesta ocasión a unha ruta polos concellos de Pedrafita do Cebreiro e Cervantes, con dous puntos de interese destacados: O faial da Pintinidoira e o castelo de Doiras. Todo o percorrido transcorre por unha zona que é antesala dos Ancares, a cuxa serra mira cara o leste.


PAISAXES DA RUTA

CASTELO DE DOIRAS
VÍDEO DO CASTELO DE DOIRAS

DATOS DA RUTA
Percorrido da ruta: 19,9 Kms.
Dificultade: media-alta.
INTENDENCIA:
Punto de encontro: Restaurante Pazos, Pedrafita do Cebreiro. 9:15 horas
Para xantar levaremos bocadillos coma sempre e poderemos degustalos no interior do
Mesón Castillo de Doiras, onde cadaquén poderá pedir a bebida que precise e o café.
Saída: Estación de Autobuses de Lalín
Hora: 7:50
Ás 20:00 horas cea na Fonda Zarralleiro de Baralla. Menú: Callos, polo campeiro con patacas, gornición e ensalada, sobremesa (flan ou tarta de queixo), bebida e café. Prezo: 16 €

14/09/18

RUTA de PENA TREVINCA e PENA NEGRA

Volvendo aos cumios galegos (2 trazados)
Ver en Wikiloc: Longa - Curta
pero ANÓTATE AQUÍ
día: SÁBADO 13 DE OUTUBRO
Imos conquistar de vez os cumios que deixamos pendentes no 2013 e no 2015
Para iso, olliñosairemos cedo, pois contamos pasar todo o día na alta montaña. 
PUNTO DE ENCONTRO: 
9:00 No Cruce do Porto de Fonte da Cova (pasando Casaio, xa no alto, onde se aparta para a canteira da Cabrita)
O(s) participante(s) debe(n) procurar pola súa conta un aloxamento (para a noite do venres 12, para a do sábado 13, ou ben para os dous días). Hai algún en Casaio, e moitos no Barco de Valdeorras. Tamén se pode viaxar no mesmo día 13 (desaconsellábel).
CEA do sábado 13: ás 21:00 no Mesón Museo de Sobradelo  (onde ceamos na ruta de Casaio 2015). Carne á pedra ou bacallau (especialidades), con viño Valdeorras. Prezo: 15€
Haberá 2 Percorridos ao mesmo tempo (ver mapa de arriba). 
Cada persoa debe decidir cal fai, en función do seu "motor" e disposición. 
   A-Ruta longa: 22,6 kms. Dificultade: alta (ver perfil abaixo)
   Descrición: saíremos da canteira da Cabrita (onde quedarán os coches), descenso pola longa cresta (vendo o teixadal de Casaio desde abaixo) ata Castro Boloso, aí cruzaremos o río; logo, dura e longa subida ata a valgada do Maluro, para crestear ata Pena Negra, onde nos uniremos cos da ruta B, e volver nun suave descenso ata a Cabrita.  
   B-Ruta curta: 16 Kms. Dificultade: media-alta (ver perfil abaixo)
   Descrición: saíremos da canteira da Cabrita (onde quedarán os coches), ascenso suave pola cresta (vendo o teixadal de Casaio desde arriba e o Lago da Baña do outro lado); logo, ascenso a Pena Trevinca (duro pero curto), de alí ata Pena Negra, onde agardaremos aos da Ruta A para a volta, con visita a Pena Surbia (os que aínda non a pisaran e teñan forzas), e regreso nun suave descenso ata a Cabrita.  

E agora: uns recordiños do 2013 e 15, para devecer:  
Teixedal de Casaio e cumios: vaia lembranzas!












11/08/18

RUTA DA LIBERDADE. RÍOS BARBEIRA E VERDUGO. A LAMA

SÁBADO 25 DE AGOSTO
 A ruta transcorre en máis da metade do seu trazado a carón do río Barbeira. Outro treito camiña parello ao Verdugo. No medio, ascenderemos unha lomba da serra do Cando.
Os puntos de interese da ruta, ademais das paisaxes, residen na etnografía e na arquitectura popular (pontellas, muíños, cruceiros, petos de ánimas, ermidas, un foxo do lobo, camiños empedrados...).



SAÍDA: Estación de Autobuses de Lalín
Hora: 8:30
Percorrido: 18 Kms.
Dificultade da ruta: media-baixa.
No final da ruta pode haber baño, se o tempo é propicio, na praia fluvial do Verdugo. Accédese desde a finca de Casa Florencio, onde tamén serven en terraza as pertinentes cervexas.
Punto de encontro: Casa Florencio. Verdugo (A Lama). Hora 9:30
Cea: na Lama ou en Carballedo (informaremos proximamente).

15/06/18

RUTAS DO PICO CULLARGAYOS E DO PICO PIENZU (ASTURIAS)

14 e 15 DE XULLO DE 2018


FIN DE SEMANA EN ASTURIAS.
Chegada a destino na tarde-noite do venres. Pernoctaremos o venres e o sábado nunha casa turística próxima á costa cantábrica (zona Colunga- Barrigón). O domingo pola tarde retorno a discreción.
Cómpre reservar con bastante antelación o aloxamento, por iso recomendamos que os interesados vos anotedes antes do día 25 de xuño.
Ofertamos 20 prazas para os 20 primeiros que se anoten. A partir desta cifra os que se anoten deberán buscar aloxamento pola súa conta. 
ANÓTATE AQUÍ
Para camiñar contamos con expertos sendeiristas do grupo "Saltapraos" de Xixón, que nos guiarán polo Parque Nacional de Redes e pola Serra do Sueve para percorrer dúas interesantes rutas:
SÁBADO  14 : Saída desde Ladines - Foz de Nozalín e subida ao Pico Cullargayos.
Percorrido: 13,1 Kms
Dificultade: moderada.
Despois da ruta quedará tempo pola tarde para achegarse á praia.
VER RUTA EN WIKILOC
Xantaremos na montaña e haberá unha cea con espicha nun merendeiro a carón da praia.



DOMINGO 15: Desde o Mirador do Fitu (598 m.)ata o Pico Pienzu (1159 m.) na Serra do Sueve, con amplas panorámicas sobre a costa e o Cantábrico.
VER RUTA EN WIKILOC
Percorrido: 11,77 Kms.
Dificultade: media-baixa

Xantar preto da praia. Sobremesa con praia e retorno a discreción.

HOTEL PARA A ESTANCIA : HOTEL INTRIAGO **  (Cerca de Cangas de Onís, con piscina).
https://mail.google.com/mail/u/0/?tab=wm#inbox/1645f54a6e9d1deb

Estancia de dúas noites en 7 cuartos dobres e almorzo incluído. Prezo polas dúas noites: 115 € por cuarto.
Está reservada a estancia. Pódese anular a reserva ata o día 5 de xullo. Se alguén de vós coñecese unha oferta mellor, estariamos aínda a tempo de modificar a reserva.

25/05/18

RUTA TRIACASTELA - MONTE ORIBIO

SÁBADO 2 - XUÑO - 2018
VER RUTA EN WIKILOC

Arriba, en cor laranxa, a ruta realizada por varios grupos de sendeirismo para percorrer a serra do Oribio.
Nós propoñemos como alternativa de maior interese a que reseñamos en verde na imaxe seguinte, que presenta como vantaxes o menor traxecto por asfalto e poder adentrarse na fraga avesía que  hai na ladeira dos cumios.

Voltamos a convocar esta estupenda ruta circular que parte de Triacastela, ascende ao monte Oribio (1428 m.) e retorna desde o cumio seguindo o cordal e logo baixa polas aldeas de Queixadoiro e As Pasantes, onde encontra a Vía Xacobea, xa moi preto de Triacastela.
Puntos de interese:
- As magníficas panorámicas das serras e dos sur de Lugo.
- A capela de San Mamede
- As aldeas de O Queixadoiro, As Pasantes, etc.
- A ruta Xacobea
- A vila de Triacastela
- As paisaxes
Percorrido: 20,6 Kms.
Dificultade: media-alta
VER VÍDEO
FOTOS VIA AURIA




13/04/18

RUTA DO CONTRABANDO: VENCEÁNS - QUEGUAS - PENEDO DO ANAMAO - CAINHEIRAS - CASTRO LABOREIRO

SÁBADO  21 - ABRIL - 2018
VER RUTA EN WIKILOC  
ANÓTATE AQUÍ
Ruta lineal, promovida e organizada pola sección Érbedo Lugo-Bande, coa colaboración das oficinas centrais da Organizaçao Deçá. Unha ruta que pretende rememorar aqueles tempos idos nos que o contrabando pola raia seca era un estilo de vida aventureiro e arriscado. Contaremos con guías de excepción: Pepe Bernardo, quen nos contará curiosidades históricas da serra e Xabier Rodríguez, que nos seus anos mozos fixo moitas veces  o traxecto do contrabando acompañando ao seu pai.
Ao ser unha ruta lineal contaremos co apoio loxístico do microbús de Mario para trasladarnos desde Castro Laboreiro ata Venceáns. (O preço do autobús de 18 praças: 70 €).
Percorrido a pé: 17,3 Kms.
Dificultade: media
PUNTOS DE INTERESE DA RUTA:
 Castro Laboreiro
Castelo de Castro Laboreiro

As Cortes da Carballeira e capela da Ascensión

 O impresionante perfil do Penedo do Anamao
 Penedo do Anamao, prolongación da Serra da Peneda.
Santuario da Nosa Señora do Anamao

Dolmen da Casa da Moura co Anamao ao fondo
Saída: 7:40 horas
Lugar: Estación de autobuses de Lalín
Punto de encontro: 9:15 h. Cafetería do restaurante Miracastro de Castro Laboreiro
9:30 Saída no microbús
10:10 Inicio da ruta en Venceáns
Xantar de mochila no santuario do Numao.
20:00 Cea no restaurante Miracastro de Castro Laboreiro.
Menú: Fumeiro, sopa de legumes, bacallau, cabrito, sobremesa, bebidas, café...    22 €
Haberá un lugar no propio restaurante onde previamente poderemos asearnos ou ducharnos.