Convén levar chuvasqueiro, paraugas, polainas, boas botas e roupa para mudarse ao final da ruta (dispoñemos de duchas e baños municipais a carón do restaurante onde imos xantar).
INFORMACIÓN DE ÚLTIMA HORA:
- A previsión meteorolóxica anuncia a posibilidade dalgunha chuvia. Se non fose moita, manteremos a convocatoria da ruta. Os chuvasqueiros e os paraugas poderán servir para espantala.
- Ao final da ruta, o Concello pon á nosa disposición os vestiarios do campo de fútbol para lavarnos, ducharnos e mudarnos.
- Cómpre puntualidade na chegada a Rodeiro (ás 9:00 h.). Procede que iniciemos a ruta ás 9:30 horas sen demoras para podermos xantar arredor das 14:30. Debemos ser conscientes do elevado número camiñantes e de que un grupo grande sempre se move máis lento.
- Levaremos un sistema de frechas brancas de papel que servirán de indicadores nas interseccións. Así que atención a elas, a maioría estarán situadas no chan, suxeitas cunha pedriña.
SÁBADO 10 - MARZO - 2018
VER RUTA EN WIKILOC
ANÓTATE AQUÍ
Puntos de interese:
- Ribeiras do río Rodeiro.
- Muíños do río Rodeiro e hidroeléctrica privada.
- Aldeas do val de Camba.
- Igrexa de Fafián
- Carballeira do Conchouso.
- Casa fidalga de Casanova.
- Tulla de Outeiro (Fafián).
- Vestixios da vila romana de Porta de Arcos.
- Marco do Perdón.
- Casa Forte de Camba.
- Casa fidalga de Lamazares.
- Panorámicas sobre o monte Faro e o val de Camba.
Saída: Estación de Autobuses de Lalín
Hora: 8:40

Percorrido da ruta: 14 Kms.
Dificultade: Fácil (pendente media +3,9% e -3,9%).
XANTAR NO RESTAURANTE AS CARPINTEIRAS DE RODEIRO
COCIDO CAMBOTE
Todas as carnes, grelos, chourizo, garavanzos, etc.
Sobremesas: filloas, queixo con marmelo, cañas.
Café, chupito
Viño do Ribeiro, bebidas
PREZO: 25 €