VER RUTA EN WIKILOC
ANÓTATE AQUÍ
Ruta lineal, promovida e organizada pola sección Érbedo Lugo-Bande, coa colaboración das oficinas centrais da Organizaçao Deçá. Unha ruta que pretende rememorar aqueles tempos idos nos que o contrabando pola raia seca era un estilo de vida aventureiro e arriscado. Contaremos con guías de excepción: Pepe Bernardo, quen nos contará curiosidades históricas da serra e Xabier Rodríguez, que nos seus anos mozos fixo moitas veces o traxecto do contrabando acompañando ao seu pai.
Ao ser unha ruta lineal contaremos co apoio loxístico do microbús de Mario para trasladarnos desde Castro Laboreiro ata Venceáns. (O preço do autobús de 18 praças: 70 €).
Percorrido a pé: 17,3 Kms.
Dificultade: media
PUNTOS DE INTERESE DA RUTA:
Castro Laboreiro
Castelo de Castro Laboreiro
As Cortes da Carballeira e capela da Ascensión
O impresionante perfil do Penedo do Anamao
Penedo do Anamao, prolongación da Serra da Peneda.
Santuario da Nosa Señora do Anamao
Dolmen da Casa da Moura co Anamao ao fondo
Saída: 7:40 horas
Lugar: Estación de autobuses de Lalín
Punto de encontro: 9:15 h. Cafetería do restaurante Miracastro de Castro Laboreiro
9:30 Saída no microbús
10:10 Inicio da ruta en Venceáns
Xantar de mochila no santuario do Numao.
20:00 Cea no restaurante Miracastro de Castro Laboreiro.
Menú: Fumeiro, sopa de legumes, bacallau, cabrito, sobremesa, bebidas, café... 22 €
Haberá un lugar no propio restaurante onde previamente poderemos asearnos ou ducharnos.