pero ANÓTATE AQUÍ
día: SÁBADO 13 DE OUTUBRO
Imos conquistar de vez os cumios que deixamos pendentes no 2013 e no 2015.
Para iso, olliño, sairemos cedo, pois contamos pasar todo o día na alta montaña.
PUNTO DE ENCONTRO:
9:00 No Cruce do Porto de Fonte da Cova (pasando Casaio, xa no alto, onde se aparta para a canteira da Cabrita)
O(s) participante(s) debe(n) procurar pola súa conta un aloxamento (para a noite do venres 12, para a do sábado 13, ou ben para os dous días). Hai algún en Casaio, e moitos no Barco de Valdeorras. Tamén se pode viaxar no mesmo día 13 (desaconsellábel).
CEA do sábado 13: ás 21:00 no Mesón Museo de Sobradelo (onde ceamos na ruta de Casaio 2015). Carne á pedra ou bacallau (especialidades), con viño Valdeorras. Prezo: 15€
Haberá 2 Percorridos ao mesmo tempo (ver mapa de arriba).
Cada persoa debe decidir cal fai, en función do seu "motor" e disposición.
A-Ruta longa: 22,6 kms. Dificultade: alta (ver perfil abaixo)
Descrición: saíremos da canteira da Cabrita (onde quedarán os coches), descenso pola longa cresta (vendo o teixadal de Casaio desde abaixo) ata Castro Boloso, aí cruzaremos o río; logo, dura e longa subida ata a valgada do Maluro, para crestear ata Pena Negra, onde nos uniremos cos da ruta B, e volver nun suave descenso ata a Cabrita.
B-Ruta curta: 16 Kms. Dificultade: media-alta (ver perfil abaixo)
Descrición: saíremos da canteira da Cabrita (onde quedarán os coches), ascenso suave pola cresta (vendo o teixadal de Casaio desde arriba e o Lago da Baña do outro lado); logo, ascenso a Pena Trevinca (duro pero curto), de alí ata Pena Negra, onde agardaremos aos da Ruta A para a volta, con visita a Pena Surbia (os que aínda non a pisaran e teñan forzas), e regreso nun suave descenso ata a Cabrita.
E agora: uns recordiños do 2013 e 15, para devecer:
Teixedal de Casaio e cumios: vaia lembranzas!