SÁBADO 6 DE ABRIL DE 2019
VER RUTA EN WIKILOC
ANÓTATE AQUÍ
Convocamos aos camiñantes a unha ruta de 13,52 Kms nas terras de Cuntis, vila termal con significadas pegadas romanas, onde visitaremos Castrolandín, os ríos Umia e Gallo con todos os seus atractivos, bosque de galería, muíños, pontellas, fervenzas, poldras....
A ruta está programada para rematar pola mañá e que nos permita degustar un bo cocido no restaurante DE VINTAGE, en Souto, Moraña. Prezo do menú (25 €).
PÁXINA OFICIAL DE CASTROLANDÍN
CASTROLANDÍN EN GALICIA MÁXICA
DOCUMENTAL SOBRE CASTROLANDÍN
VÍDEO DE CASTROLANDÍN A VISTA DE DRON
VER FOTOS DESTA RUTA FEITAS POLO GRUPO ANDAINAS
Saída :Estación de autobuses de Lalín
Hora: 8:00
Percorrido: 13,52 Kms.
Dificultade: Media
Xantar no restaurante De Vintage de Souto-Moraña ás 15:00 horas
Punto de encontro: Bar Batifoula, Cuntis. Hora 8:50
Aparcaremos e inciaremos a ruta desde o Pavillón de Deportes de Cuntis
DESPOIS DA RUTA TEREMOS A OPORTUNIDADE DE DUCHARNOS NO PAVILLÓN DE DEPORTES DE MORAÑA ( A 2 Kms. do restaurante).