18/04/19

CONVOCATORIA DE RUTA NO CANÓN MEDIO DO RÍO LÓUZARA

SÁBADO 4 DE MAIO DE 2019
VER RUTA EN WIKILOC
ANÓTATE AQUÍ

Convocamos nesta ocasión a unha excelente ruta no Courel, arredor do curso medio do río Lóuzara. Un paraíso natural desta nosa terra galega. A orografía e a natureza maniféstanse nesta zona con verdadeira exuberancia e diversidade.
A ruta é un marabilloso tobogán, que nos levará ás terras poéticas enxalzadas por Fiz Vergara Vilariño e Uxío Novoneyra, percorrendo as ladeiras e o val, as aldeas de Santalla, Gamiz (aldea abandonada), Cortes e Parada. Fervenzas, alvarizas, muíños, covas, frondosos soutos, esveltos lamigueiros e os perfís da montaña courelá, sempre tan abruptos e decote atraentes. E no medio, encaixado e sucesivos meandros, o río Lóuzara coas súas  augas de inmaculada transparencia.
E de remate, esperamos cear na Casa de Aira Padrón, na mesma parroquia de Lóuzara.
CANÓN NO CURSO MEDIO DO RÍO LÓUZARA

ALDEA DE SANTALLA, berce do poeta Fiz Vergara Vilariño.
Cova da Fonte
Fervenza de Augadalte

GAMIZ (ALDEA ABANDONADA)



ALDEA DE PARADA (VÍDEO)






Fervenza preto de Parada


Sequeiro de Parada
COVA GRANDE DE SANTALLA (VÍDEO)
Na fin da ruta temos previsto adentrarnos no corazón desta terra, máis se cabe. Para iso, que mellor que visitar a Cova Grande de Santalla! Trescentos metros de galería nas entrañas calizas de Lóuzara para admirar estalagmitas e estalactitas. Non revisten perigo especial, pero hai unha zona na cova onde hai que ir agachados, case reptando. Como hai humidade e terra, sería moi útil un mono de pintor desbotable. Hainos nos chinos por 2 ou 3 euros. Tamén é imprescindible unha linterna, preferiblemente das que se levan na fronte.

Saída: Estación de Autobuses de Lalín
Hora: 7:30
Punto de encontro: O Incio, bar Paradís (fronte ao Concello). Hora 8:45

Percorrido da ruta: 20,2 Kms.
Dificultade: media alta

Cea: Casa de Aira Padrón. Menú: Troitas de Santalla, calamares, cordeiro asado en forno de leña con patacas e gornición, sobremesa a escoller entre varias opcións caseiras, bebida e café. Prezo: 20 € (con viño mecía embotellado, habería que engadirlle 2 € máis).