16/05/19

RUTA do EO-PENA MILLARES en RIBEIRA PIQUÍN co grupo SALTAPRAOS

SÁBADO 8 de XUÑO de 2019

VER RUTA EN WIKILOC (comprobada e subida a Wikiloc por Nilo)

ANÓTATE AQUÍ
Ruta polas beiras do río Eo, no Concello de Ribeira de Piquin (VÍDEO), moi ben situado entre Galiza e Asturias para facer a ruta-xuntanza anual Érbedo-Saltapraos.
Ruta Circular, con saída e chegada no Chao de Pousadorio.
Distancia: 21,5 km
Dificultade: media (ver perfil)
Duración aproximada: 7 horas
DESCRICIÓN: sairemos do Chao de Pousadoiro pola beira do río Eo cara á área recreativa d´ A Retorta. Logo teremos unha longa subida que nos levará ata o mirador de Pena Millares. Aí, se cadra ben, miraremos a paisaxe e xantaremos. Virá a continuación traxecto ata a aldea de Sadrarín, e pola aba da montaña iremos ata Bidueira. Seguiremos cunha baixada longa e, xa á beira do Eu, chegaremos de novo ata o Chao de Pousadoiro, onde cearemos as troitas e o año da tradicional Casa Horacio.
Paisaxe de ribeira do río EO. Colleremos a natureza no seu esplendor.
Aínda que a Ruta do Río EO-Pena Millares está moi ben indicada, todos sabemos que as perdas co Érbedo están máis que garantidas. Que sería de nós sen elas? Prepararse os da outra banda.
Saída de Lalín: 8:15
Punto de encontro: 10:00 Casa Horacio, no Chao do Pousadoiro (concello de Ribeira de Piquín). Chégase en 20 min. por estrada de montaña desde Meira.
Inicio da Ruta: 10:30.
Ao remate, haberá duchas para asearse na área recreativa de Chao de P.
CEA: Casa Horacio (Chao de Pousadoiro, Ribeira de Piquín): troitas, setas e mexillóns; año asado; sobremesa, café e viño, todo moi de fiar. PREZO: 22€.
Ollo: comedor limitado en espazo. Trala negociación de Nilo, podemos chegar a 40 persoas (e incluso ten outro comedorcico arriba). Pero anotarse canto antes á Romaría.
Quen desexe facer noite (antes ou despois da ruta) neste mesmo establecemento: Casa Horacio, tfno 982 33 36 85 (Prezo: 30€ habitación dobre; 35€ o apartamento con 3 dormitorios). 
AVISO: Estase preparando unha "Rutina" para os que queden o domingo 9.
    Fervenza da Pena dos Portelos