23/09/19

RUTA POLOS BOSQUES MÁXICOS DE CASTRO CALDELAS

SÁBADO 5 DE OUTUBRO DE 2019
Invitámosvos a seguir o itinerario que realizou o club Acivro polos bosques autóctonos de Castro Caldelas. Deixamos aquí a ligazón onde describen detalladamente o itinerario e os puntos de interese e onde se poden ver as fermosas imaxes da súa reportaxe posterior á camiñata:

https://acivro.blogspot.com/2019/01/19-de-enero-de-2019-los-bosques-magicos.html

Pareceunos interesante e repleta de atractivos, entre os que citamos os seguintes:

- O fermoso burgo medieval de Castro Caldelas
- O mosteiro de San Paio de Abeleda
- Igrexas varias, entre as que destaca a do desaparecido mosteiro de San Xoán de Camba,
- Fervenzas, ríos, o curso do río Edo...
- Poldras, pontes, pontellas, muíños..
- Aldeas habitadas e abandonadas, a fermosa arquitectura popular
- Bosques con árbores centenarias, camiños de vello
- Etc.
 Fotografías tomadas das reportaxes de jesussimon, mazaira e manumkds.




















Datos da ruta:
 Son dous bucles que teñen como nodo de unión a vila de Castro Caldelas. O primeiro bucle ten 18 Kms. O segundo 6,3. Os que desexen facer só o primeiro bucle poden agardar ao pé dunha cervexa nunha cafetería da capital municipal.
Dificultade: media-baixa
Punto de encontro: cafetería Rubio na praza central de Castro Caldelas, onde  probaremos a bica (9:15 horas)
Cea no restaurante Roupeiro, A Derrasa (Ourense) ás 20:30 h. Menú: entrantes variados no centro (croquetas de castaña, queixo, xamón, pementos de padrón, langostinos...) 2º prato a elixir entre Entrecot de tenreira con gornición e ensalada ou lubina/pescada con ensalada. (Cómpre indicar ao anotarse a elección do segundo prato. Postre caseiro, viño mencía, bebidas, café e chupito. Prezo 18-20€

Saída: Estación de autobuses de Lalín 8:00 horas.