VER RUTA 1 EN WIKILOC
VER RUTA 2 EN WIKILOC
ANÓTATE AQUÍ

DIFICULTADE: media (mañá), media alta (mañá e
tarde)
24 km (15 pola mañá, 9 pola tarde).
DESCRICIÓN:
Iniciaremos a ruta en Torbeo, terra
alta e antiga capital do concello de Ribas de Sil, Lugo, cunha igrexa románica
do século XII (Santa María), un pasado moi ligado aos guerrilleiros resistentes
á Ditadura franquista e de onde era orixinaria a sonada Meiga de Torbeo
(Filomena Arias). Baixaremos cara á Cubela (preciosa aldea recuperada,
con escasos habitantes) por unha senda abrupta e coa Pena Furada para
que pasasen os carros de vacas como elemento destacado, ademais da espectacular
vista do meandro d´A Cubela. Aí visitaremos Cubeland, onde
podemos tomar unhas infusión naturais.
Seguiremos o sendeiro á beira do río Sil
entre a Cubela e o Castro de Abaixo vendo do outro lado os viñedos de
Trasmonte e Vilachá, onde se sitúan as sonadas adegas vellas. Na aldea de
Castro de Abaixo empeza a subida, entre frondosos soutos centenarios, a Torbeo.
Por alí, nos arredores ou ben na cantina, xantaremos.
Xa pola tarde (os que non sigan andando irán cos
coches a Vilarellos e iniciarán a ruta ao revés) faremos o descoñecido camiño
que cruza á provincia de Ourense e nos levará a Tronceda, aldea
repoboada que dá nome a un fragoso e agreste val onde se refuxiaban os
guerrilleiros na Posguerra. Tras visitar Tronceda, e catar a cervexa artesá, se
podemos, iremos por un sendeiro vello ata o corazón do val. Descenderemos ata a
abandonada ermida de Santiago e iniciaremos a subida final, entre viñedos e
castiñeiros, ata Vilarellos, aldea cunha soberbia vista ao agochado val.
Para completar a xornada, achegarémonos en
coche e nun paseo ata a Cova do Mario (Mario de Langullo, alias o
Pinche, o lendario guerrilleiro que resistiu agochado ata 1968), cataremos as
vistas do Sil desde as Penas de Matacáns (con mirador incluído),
e chegaremos en coche ata A Abeleda, onde faremos unha merenda cea na terraza
rural.
O PLAN
-Saída de Lalín ás 7:00
-Lalín-Castro Caldelas por Ourense (AP53
+N120): 1h20´
-Café-Xuntanza ás 8.30 na Praza principal de
Castro Caldelas.
-Castro Caldelas (Vilarellos) Torbeo: 30´
(levaremos varios coches a Vilarellos)
En Torbeo ás 9:00 (os que saian aquí, ir á Porteleira d´Emilia)
En Torbeo ás 9:00 (os que saian aquí, ir á Porteleira d´Emilia)
Ruta da mañá:
Torbeo-A Cubela-Castro de Abaixo-Torbeo (circular):
-Saída de Torbeo:
09:15
-15
km
-5
horas (9:30 a 14:30)
Xantar campestre por Torbeo (Cantina?)
Ruta da tarde:
Torbeo-Tronceda-Vilarellos (linear):
-Saída
de Torbeo: 15:30
-9 km
-3
horas (15:30 a 19:30)
Complemento: visita á Cova do Mario de
Langullo (3 km) e Penas de Matacáns (co mirador)
Merenda/cea en exterior: Mesón Casa Lelo (A
Abeleda)
Enlaces
a Filomena Arias, a Meiga de Torbeo: