SÁBADO 5 DE XUÑO DE 2021
Despois de dez meses de parón, imos retomar con cautela as andainas. Os que esteades interesados podemos vernos na mañá do sábado para percorrer 13,3 kms no val do río Ferreira en Guntín (Lugo).
Nestas circunstancias tampouco queremos programar comida de remate de ruta.
MOI IMPORTANTE: Número máximo de asistentes permitidos polas normas COVID: 20 persoas. (Xa temos a lista completa, o último inscrito é Manuel Ferreiro, polo que xa non se poden admitir máis camiñantes).
Puntos de interese:
- As paisaxes da ribeira
- As aldeas
- A ponte Cabalar (romana)
- O castro de Vilamerelle
- O mosteiro de Ferreira de Pallares
Percorrido: 12,85 Kms
Dificultade: media
Os de Lalín saímos da Estación de autobuses ás 8:00
Punto de encontro en Guntín para un café ás 8:50: Restaurante Casa Fidalgo (no centro da localidade).