SÁBADO 25 DE XUÑO DE 2022
13/06/22
RUTA AO MONTE PINDO
08/05/22
RUTA DOS SOCALCOS DE SISTELO E DOS PASADIÇOS DO VEZ
SÁBADO 21 DE MAIO DE 2022
Compañeiros camiñantes, desta volta iremos coñecer os famosos socalcos de Sistelo (os portugueses quixeron chamarlle o Pequeno Tibete) e os refrescantes pasadiços a carón do río Vez. Son 19,8 kms (se non hai perdas). A dificultade está entre media-alta e alta, depende de se a pedra do chan está seca ou mollada, porque moitos tramos de camiño son empedrados e hai bastantes escaleiras. A pendente positiva é de 9,4% e a negativa -10,6 (empinadiña).Saída de Lalín: Estación de autobuses
24/04/22
RUTA SAMOS - SERRA DO ÉDRAMO
SÁBADO 30 DE ABRIL DE 2022
A ruta da Serra do Édramo en Samos é de 20,5 Kms. Pendente postiva 7,75% e pendente negativa -7,2 %
Iso supón unha dificultade media ou media-alta.
Lugar de saída: Estación de autobuses de Lalín
Hora: 8:00
Punto de encontro : Samos (determinaremos o local) ás 9:15-9:30
Pinchos e cervexas despois da ruta: Tamén en Samos, nunha terraza.
Anotádevos no Telegram. E os que non o instalastes aínda, en Whatsapp.
AVANCE DE PROGRAMACIÓN DO CLUB:
Para o 21 de maio programamos ir a Sistelo (Arcos de Valdevez- Portugal). 19 Kms
Para o 18 de xuño pensamos en ir ao monte Pindo desde Caldebarcos (Carnota-ACoruña) 19 Kms
En xullo, sen termos aínda os días concretados, pretendermos xuntarnos co club Asaltapraos en Somiedo (Asturias).
En agosto, sen día especificado, planificamos percorrer a ruta do Ferradal en Quiroga, paralela ao río Soldón.
06/03/22
RUTA DA FRAGA DO BARRAGÁN
SÁBADO 12 DE MARZO DE 2022
Saída de Lalín: Estación de autobuses
Hora: 7:45
Punto de encontro:
OBSERVACIÓN: Se o tempo non fose favorable, quedaría aprazada para o sábado 19 de marzo.
Estamos buscando un punto de encontro. Informaremos axiña.
31/01/22
RUTA AO COUTO MIXTO
SÁBADO 12 - FEBREIRO - 2022
VER RUTA EN WIKILOC (Inclúe o castelo da Picoña)
Aldeas do Couto Mixto |
O Camiño Privilexiado |
Esta ruta de 20 Kms ten dificultade media-baixa, cunha pendente media non superior ao 4%. Iso si, camiñaremos a unha altitude media próxima aos 900 m sobre o nivel do mar. Se toca frío, aquí soe habelo. Pero camiñando, logo un quece.
Lugar de saída de Lalín: Estación de autobuses
10/01/22
RUTA POR BEARIZ - MURADÁS- ALVITE - ALÉN - CORREA - DOADE E A BOUZA
SÁBADO 15 DE XANEIRO DE 2022
Muíño da Caldeira en Doade |
Cruceiro de Xirarga, do mestre Cerviño |
Beariz, a capital municipal |
Camiño preto de Alvite |
Corredoira |
Eira de Doade |
Monumento ao canteiro |
Área recreativa da Barcia en Beariz |
Monumento á esperanza do regreso do emigrante |
Monumento ao emigrante |
Aldea modelo de Alvite |
Área recreativa de Coto Pereira en Xirazga |
Pontella do muíño da Caldeira |
Eira de Doade |
Feira en Doade |
Muíño no rego da Pedriña |
Arquitectura popular en Correa e Alén |
Igrexa de Xirazga |