31/01/22

RUTA AO COUTO MIXTO

 SÁBADO 12 - FEBREIRO - 2022

VER RUTA EN WIKILOC

VER RUTA EN WIKILOC (Inclúe o castelo da Picoña)

ANÓTATE AQUÍ

Aldeas do Couto Mixto

O Camiño Privilexiado

Esta ruta de 20 Kms ten dificultade media-baixa, cunha pendente media non superior ao 4%. Iso si, camiñaremos a unha altitude media próxima aos 900 m sobre o nivel do mar. Se toca frío, aquí soe habelo. Pero camiñando, logo un quece.
Lugar de saída de Lalín: Estación de autobuses
Hora: 8:00

Punto de encontro: 9:15 horas. Restaurante O Cepo. Baltar (Ourense). Aquí tomaremos o café con biscoito pola mañá. E tamén as cervexas e os pinchos da tarde.
https://goo.gl/maps/wmxFas3agS3i7Yb88

Xantaremos en Tourém, aldea de Portugal. Aquí hai dous bares para consumir bebida. A comida levámola en bocadillos.

A ruta queda convocada para o día 12, se non chove. En caso de chuvia aprazámola para a semana seguinte.



Neste promontorio de rochas estivo o castelo da Picoña

O último xuíz do Couto Mixto, Delfín Modesto Brandón

A Porta de Calvos de Randín no parque do Xurés

Santiago de Rubiás e Meaus ao fondo.

O Banco de Meaus

Meaus
O máis importante do Couto Mixto queda recollido no seguinte vídeo:



10/01/22

RUTA POR BEARIZ - MURADÁS- ALVITE - ALÉN - CORREA - DOADE E A BOUZA

SÁBADO 15 DE XANEIRO DE 2022

VER RUTA EN WIKILOC

ANÓTATE AQUÍ




Muíño da Caldeira en Doade

Cruceiro de Xirarga, do mestre Cerviño
Cremos que Beariz ben vale unha visita. Ademais dos seus atractivos naturais, Beariz suma un patrimonio arquitectónico popular certamente reseñable, non en van este concello forma parte da Terra de Montes, que se singularizou polas habilidades e obras dos seus moitos canteiros. O mestre Cerviño, quizais sexa o máis recoñecido. Del é o cruceiro que temos na foto da esquerda.
Beariz, a capital municipal

Camiño preto de Alvite

Corredoira

Eira de Doade



Monumento ao canteiro
 Beariz é un concello que sufriu un fortísimo despoboamento desde os anos 40. Pedeu dous terzos da súa poboación. Na actualidade, segundo o censo de xaneiro de 2021, conta con 971 habitantes (densidade do 17,34 htes/km2,  cifra que a Unesco considera próxima a un deserto poboacional).
A emigración dirixiuse tradicionalmente a México e alí moitos fixeron fortuna, xunto aos outros galegos do concello veciño de Avión. Expoñente desas fortunas son as múltiples casas construídas ou restauradas polos emigrantes, que soen estar pechadas todo o ano, agás no verán. 
Outro dato que nos fala dese poderío económico dos emigrantes témolo no feito de que un concello con só 971 habitantes conta na actualidade con catro oficinas bancarias, algo inaudito neste momento de peche de sucursais. 
E un heliporto e un aeródromo cunha pista de aterraxe de 800 m de lonxitude... case nada!
https://gl.wikipedia.org/wiki/Beariz

Área recreativa da Barcia en Beariz

Monumento á esperanza do regreso do emigrante
Na ruta temos unha aldea singular, Alvite. Esta é unha das aldeas modelo escollidas pola Xunta de Galicia. E xunto con Doade, na parroquia de Xirarga, destacan sobre as demais.
Entre os elementos de interese podemos citar:
- a arquitectura das aldeas
- as eiras de hórreos (é bastante habitual na provincia de Ourense colocar todos os hórreos da aldea nun espazo comunitario e ben ventilado).
- os cruceiros
- os muíños
- as pontellas
- a Caldeira (enténdase fervenza).
- as ermidas e as igrexas
- as áreas recreativas
- a campo da feira de Doade
- os múltiples regatos
e camiños de todo tipo...


Monumento ao emigrante



Aldea modelo de Alvite

Área recreativa de Coto Pereira en Xirazga

Pontella do muíño da Caldeira

Eira de Doade

Feira en Doade

Muíño no rego da Pedriña

Arquitectura popular en Correa e Alén
A ruta ten un percorrido de 18 kms
Dificultade: media. 
Pendente media positiva: 6,2%
Pendente media negativa: -6,4%
Saída: Estación de autobuses de Lalín
Hora: 8:30
Punto de encontro: Bar Beariz, no centro de Beariz, ás 9:20 horas
Xantar en Doade, onde temos un bar-restaurante (chamado Santo Domingo de Xirazga). Cabe a posibilidade de que nos sirvan un menú por 10 € nun espazo exterior. Os que se apunten á ruta, que opinen no whatsapp sobre este asunto.

Igrexa de Xirazga