06/03/22

RUTA DA FRAGA DO BARRAGÁN

 SÁBADO 12 DE MARZO DE 2022

VER RUTA EN WIKILOC


Convocamos nesta ocasión aos camiñantes para percorrer os 17,3 Kms dunha preciosa ruta nos concellos de Pazos de Borbén e Fornelos de Montes, polas ribeiras do río Barragán. Unha ruta que é  frecuentada pola maioría dos clubs de sendeirismo de Galicia. A ruta, de dificultade media, está moi ben sinalizada e ademais dos atractivos paisaxísticos fluviais, une un rico repertorio de elementos etnográficos e de arquitectura popular.
Nas seguintes ligazóns tedes toda a información e fotografías que dan unha idea clara do que alí podemos encontrar:

Saída de Lalín: Estación de autobuses

Hora: 7:45

Punto de encontro:

OBSERVACIÓN: Se o tempo non fose favorable, quedaría aprazada para o sábado 19 de marzo.

Estamos buscando un punto de encontro. Informaremos axiña.