SÁBADO 30 DE ABRIL DE 2022
A ruta da Serra do Édramo en Samos é de 20,5 Kms. Pendente postiva 7,75% e pendente negativa -7,2 %
Iso supón unha dificultade media ou media-alta.
Lugar de saída: Estación de autobuses de Lalín
Hora: 8:00
Punto de encontro : Samos (determinaremos o local) ás 9:15-9:30
Pinchos e cervexas despois da ruta: Tamén en Samos, nunha terraza.
Anotádevos no Telegram. E os que non o instalastes aínda, en Whatsapp.
AVANCE DE PROGRAMACIÓN DO CLUB:
Para o 21 de maio programamos ir a Sistelo (Arcos de Valdevez- Portugal). 19 Kms
Para o 18 de xuño pensamos en ir ao monte Pindo desde Caldebarcos (Carnota-ACoruña) 19 Kms
En xullo, sen termos aínda os días concretados, pretendermos xuntarnos co club Asaltapraos en Somiedo (Asturias).
En agosto, sen día especificado, planificamos percorrer a ruta do Ferradal en Quiroga, paralela ao río Soldón.