SÁBADO 27 DE AGOSTO DE 2022

Ruta de ida e volta pola ribeira esquerda do río Miño, desde a desembocadura do río Chamoso ata a desembocadura do río Neira. O treito discorre polo concello do Corgo.
Puntos de interese:
- O bosque de galería
- As Insuas
- O bosque da Fervenza
- A Casa Grande da Fervenza (turismo rural)
- Etnografía do río Miño (muíños, caneiros e barcas).
Percorrido: 19,5 Kms.
Dificultade orográfica: Baixa
Punto de encontro: Cafetería do Hotel Torre de Núñez
Hora: 9:30
Saída de Lalín: Estación de Autobuses
Hora: 8:30
Cervexas e pinchos no remate da ruta. (Estamos a buscar o lugar)
Para apuntarse: Na enquisa do Telegram.
Os que non teñan Telegram, que avisen no whatsapp de Érbedo Andainas.